Pan de Ousá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Polbo á feira con viño e pan de Ousá.

O pan de Ousá é un pan húmido e compacto feito con fariña do país, ten forma de bolo cun corte transversal característico e unha cor escura. Tradicionalmente facíase nas casas da parroquia de Ousá, en Friol (comarca de Lugo), con fariña do país e vendíase nas feiras unha vez ao mes[1]. A fermentación da masa acádase cunha lévedo artesanal, a masa nai, coñecida na zona como requento[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O pan de Ousá[Ligazón morta]
  2. Varios autores, Apéndice ó Diccionario de Eladio Rodríguez (1961).