Saltar ao contido

Paloma Palao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Paloma Palao Herrero»)
Modelo:BiografíaPaloma Palao
Biografía
Nacemento(es) Paloma Palao Herrero Editar o valor en Wikidata
24 de agosto de 1944 Editar o valor en Wikidata
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte1 de abril de 1986 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Eivisa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, poetisa, escritora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1124612

Paloma Palao Herrero, nada en Madrid o 24 de agosto de 1944 e finada en Eivisa o 1 de abril 1986, foi unha poetisa española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Terminou a licenciatura de Dereito en 1968 e empezou a exercer en 1970. Así mesmo foi profesora de lingua castelá no Instituto de Cultura Hispánica. Colaborou activamente cos seus textos literarios en revistas como La Estafeta Literaria e a revista Litoral. Participou no recital homenaxe aos nenos do mundo, organizado por UNICEF en 1975.[1] Faleceu por mor dun accidente automobilístico.[2]

Comezou a escribir con catorce anos. Catro poemas seus foron publicados en Poesía Española en outubro de 1965. Permaneceu un período de catro anos sen escribir, ata que en 1970 publicou o seu primeiro libro, La piel del miedo, que presentou no Premio Adonáis, quedando en cuarta posición. Ese mesmo ano escribiu dous poemas, A fondo perdido e Al margen del silencio. Presentou o seu poema Raíces cuadradas ao premio de poesía Provincia de León.

  • La piel del miedo (1970; segundo posto no Premio Adonáis[3])
  • El gato junto al auga (1971, editorial Rialp; accésit do Premio Adonáis 1970)
  • Resurrección de l memoria (1978; finalista no premio Boscán[4])
  • Contemplación del destierro (1982, editorial Ayuso)
  • Retablo profano (1985, editorial Papeles de Invierno)
  • Hortus conclusus 1986.
  • Música o nieve (1986)
  • Hiél (1997)

Poemas seus aparecen na Terceira Antoloxía de Adonáis (1971), Del Ccorazón de mi pueblo (homenaxe a Rafael Alberti, 1979) e en Corona Poética en honor de Vicente Aleixandre (1979).

  1. ↑ "Hoja Oficial del lunes : editada por la Asociación de la Prensa: Epoca 3ª Número 1867 - 1975 enero 27".
  2. ↑ "Memoria de Paloma Palao".
  3. ↑ "Mediterráneo: Prensa y Radio del Movimiento". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2017. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
  4. ↑ "Litoral: revista de la poesía y el pensamiento". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.