Saltar ao contido

Palinuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o xénero de crustáceos vexase Palinurus.
O cabo Palinuro.

Na mitoloxía romana Palinuro (en latín Palinurus) era o piloto da nave de Eneas desde a súa saída de Troia tras a destrución da cidade.

Na Eneida

[editar | editar a fonte]
Cenotafio de Palinuro. Gravado de W. Gmelin (1819).

Conta Virxilio na Eneida que, tras parlamentaren Venus e Neptuno, este prometeulle á deusa que os troianos arribarían ao Lacio con navegación segura a cambio dunha ofrenda humana. Durante a travesía nocturna, Somnus (equivalente romano de Hipnos) visitou a Palinuro e durmiuno; Palinuro caeu ao mar, chegou a unha praia e alí o mataron uns bandidos. Cumpriuse así a profecía neptúnica, aínda que aínda haberían de encontrar os troianos moitas dificultades por terra antes de chegaren a Italia.

Cando Eneas descendeu ao inframundo, encontrouse alí co espírito de Palinuro, que, ao ter quedado insepulto o seu corpo, carecía de descanso, e pediulle ao troiano que o axudase a pasar á outra beira. A Sibila de Cumas, que acompañaba ao heroe no seu descenso, foi tallante opoñéndose ao seu desexo, pois isto sería contrario ao designio dos fados. Porén, prometeulle que os seus propios verdugos, perseguidos por acontecementos prodixiosos, erixiríanllen un cenotafio e lle farían ofrendas, e que un cabo levaría o seu nome.

Outras citas

[editar | editar a fonte]

Servio e Dionisio de Halicarnaso confirman narracións da morte de Palinuro anteriores á Eneida. Trataríase, pois, duna lenda que intentaría explicar algún accidente xeográfico, en concreto o cabo da costa da Campania que leva o seu nome.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]