O Palasport Mens Sana, tamén coñecido como Pala Mens Sana e anteriormente como Palasclavo, é un pavillón polideportivo situado na cidade de Siena, na Toscana, Italia. Con capacidade para 6.000 espectadores (7.025 en pé), foi inaugurado o 24 de outubro de 1976. Alberga os encontros como local do Mens Sana Basket, equipo que compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncestoitaliano. Tamén é usado en partidos da Euroliga.