Painita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Painita
Fórmula químicaCaZrAl9O15(BO3)
Sistema cristalinoHexagonal 6/m, aínda que antes fora reportado como hexagonal 6
CorEntre vermello-alaranxado e marrón tirando a vermello
Dureza8 (na escala de Mohns)

Painita é un mineral raro: un borosilicato de aluminio e calcio.[1] Foi descuberto en Birmania polo mineraloxista británico e tratante de xoias Arthur C.D. Pain nos anos 50. Cando se confirmou que se trataba dun tipo novo de mineral, bautizouse co seu nome.[2][3]

Características[editar | editar a fonte]

A composición química da painita inclúe calcio, zirconio, boro, aluminio e osíxeno (CaZrAl9O15(BO3)). O mineral tamén contén trazas de cromo e vanadio. A painita ten un ton entre vermello-alaranxado e marrón-avermellado semellante ao do topacio[4] debido a trázalas de ferro.

A súa gravidade específica é 4.01; o seu índice de refracción é n o = 1.8159, n e = 1.7875;[5] é insoluble en ácidos[5] e os seus cristais con alongados, pseudo-ortorrómbicos;[3][5] son normalmente hexagonais[4] e, até 2004, só dous foran tallados.[6] Ten un peso molecular de 586,42 gm.[7]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Cristal de painita estriado, euhedral (medidas: 0.9 x 0.8 x 0.7 cm.)

A painita foi descrita en 1956 por G.F., Claringbull, M.H. Hey, e C.J. Payne; e foi nomeada en honra de Arthur Charles Davy Pain (?–1971), coleccionista inglés de minerais e xemas, que notificou por primeira vez como interesante.[8]

Durante moitos anos, só se coñecía a existencia de tres cristais de painita. Antes de 2005, atopáronse menos de 25 cristais en total; dende esa data, nunha nova localización en Mogok ao norte de Myanmar, conseguíronse moitas máis variedades.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nogués, Joaquim Maria (1999). Diccionari de gemmologia (en catalán). Barcelona: Publicacions de la Universitat de Barcelona. p. 189. ISBN 84-8338-106-0. 
  2. Handbook of Mineralogy
  3. 3,0 3,1 Anthony (2003)
  4. 4,0 4,1 Armbruster e outros (2004)
  5. 5,0 5,1 5,2 Claringbull & Payne (1957)
  6. Gonzalez, Robbie (03-06-2015). "10 Gemstones Much Rarer Than Diamond". io9.gizmodo.com (en inglés). Consultado o 24-04-2019. 
  7. "Painite Mineral Data". webmineral.com. Consultado o 24-04-2019. 
  8. "Painite". mindat.org (en inglés). Consultado o 24-04-2019. 
  9. "Painite Visible Spectra (380 - 1100 nm)". minerals.gps.caltech.edu. Consultado o 24-04-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]