Pancho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pagellus acarne»)

O pancho[1] (Pagellus acarne) é unha especie de peixe semellante ó ollomol.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Atlántico tropical, raro ó norte do golfo de Biscaia, común no Mediterráneo.

Pesca e aproveitamento[editar | editar a fonte]

De grande interese comercial, aínda que menos cotizado que o ollomol.

Descrición[editar | editar a fonte]

O Pagellus acarne diferénciase do ollomol en que o ollomol ten unha mancha negra grande e este non.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pancho.