Padroso, Sarreaus, Sarreaus
| Padroso | |
|---|---|
Capela da "Pequena" -Virxe do Rosario- no centro do lugar | |
| Parroquia | Sarreaus |
| Concello | Sarreaus |
| Coordenadas | 42°06′16″N 7°36′22″O / 42.10438889, -7.60616667 |
| Poboación | 33 hab. (2016) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |

Padroso é un lugar da parroquia de Sarreaus, no concello ourensán de Sarreaus, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 46 habitantes (24 homes e 22 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 43 habitantes. En 2016 segundo o INE tiña 33 habitantes, 14 mulleres e 19 homes.
Historia
[editar | editar a fonte]Aparece no décimo segundo volume do Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz[1]:
PADROSO: en la prov. de Orense, ayunt. y felig. de San Salvador de Sarreaus (V.).
Tamén aparece no Nomenclátor de entidades de población de la provincia de Ourense de 1998.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Pola aldea pasa un pequeno curso fluvial local, coñecido como o ''Regato de Padroso''. Este topónimo aparece recollido tamén na cartografía oficial do Instituto Geográfico Nacional.[3]
No acceso occidental á aldea localízanse dous topónimos destacados: A Pórtela, situada nunca das entradas do núcleo, e A Casa da Pista, uns metros máis ao sur, tamén á beira da estrada. Ambos lugares figuran na cartografía oficial do Instituto Xeográfico Nacional (http://www.ign.es/web/ign/portal).[4]
Ademais, na aldea localízase unha pequena fonte de uso comunal, recollida como elemento de interese etnográfico no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Sarreaus.[5]
No lugar tamén existe un lavadoiro de uso comunal, hoxe en desuso. A súa existencia está recollida oficialmente no Boletín Oficial do Estado (Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado, ed. (08-10-1980). "BOE, nº 242, 8 de outubro de 1980" (PDF).), dentro do Plan Provincial de Obras, que incluía o «abastecemento de auga a fontes públicas e lavadoiro en Perrelos e Padroso».
Toponimia
[editar | editar a fonte]
O topónimo Padroso parece estar relacionado coa orografía, derivado do latín petrosus (‘pedregoso’), e designaría un lugar caracterizado pola abundancia de pedras. Forma parte da mesma serie toponímica ca outros lugares galegos como Pedroso. Segundo Gonzalo Navaza, moitos nomes parroquiais e lugares de Galicia teñen esta orixe latinorromance, vinculada ás características do terreo. [6]
Algúns dos microtopónimos da zona son O Agreliño, O Agro, A Airoá, Amouxeses, Ancadada, O Arroxo, A Auga Furada, Os Barreiros, O Barrio, A Bougueira, A Bouza, A Bouza Fría, As Cabadiñas, O Cabazal Sanmamed, O Cagón, Caíde, O Campo, Os Campos, A Cancela, A Carril, O Carril, Casandrés, O Castiñeiriño Queimado, O Castro, A Cidá, A Cidá de Riba, A Cimota, A Coedo, As Colmeas, O Covelo, O Diestro (nome que levaban os eidos pertencentes á Igrexa da parroquia), O Eido, A Ferveiroa, A Freixeda, A Granxa, O Greliño, A Horta Palma do Eido, Os Herdeiros, Lagarcía, A Lama, A Lama de Mende, A Lama da Portela, O Marco, O Margaceiro, O Marqués, Martulo, A Medias, As Miás, A Montecelo, As Moutras, Os Navallos, O Outeiro, O Outeiro do Val, A Paradella, O Pareisal ou Pareixal, A Pedreguiza, O Penedo Redondo, Penelas, O Picouto de Vilariño, O Piñal, O Piñeiro, A Piñoá, As Placiñas, A Plaza da Casa, A Portela, A Porteliña, As Poulas, O Prado do Medio, Os Prados, A Pregunda, As Quintas, O Rabo Longo, A Regada, As Rodas, San Pedro, O Souto, O Souto da Vella, A Tapada dos Carballos, O Toleiro, Trasdouteiro, A Trouple, A Uceira, As Uzás, Val de Sas, O Valiño, O Val de Xoane, Valdelobos, O Vallego, As Vaxongas, A Viña (recollidos o 12/11/2017. Fonte: Señoras Luísa, Irene, Angeles e señor Luís, veciños de Padroso).
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sarreaus
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Sarreaus no concello de Sarreaus (Ourense) | |
|---|---|
Parroquias de Sarreaus
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Madoz, Pascual (1845). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar. p. 512.
- ↑ «Decreto 332/1996, de 26 de julio, por el que se aprueba el Nomenclátor correspondiente a las entidades de población de la provincia de Ourense». Boletín Oficial del Estado n.º 276. España. 18 de novembro de 1998. p. 37882.
- ↑ "Visor cartográfico Iberpix". Instituto Geográfico Nacional. Consultado o 20 de agosto de 2025.
- ↑ Instituto Xeográfico Nacional, ed. (2025). "Cartografía do Instituto Xeográfico Nacional". Consultado o 20 de agosto de 2025.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Documento inicial do PXOM de Sarreaus (Ourense)". Consultado o 20 de agosto de 2025.
- ↑ Navaza, Gonzalo (2010). Toponimia e cartografía. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, p. 185. Consultado el 20 de agosto de 2025.https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/publicacions/2019-10/A_Parroquia_en_Galicia.pdf