Padroádego de Protección á Muller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Padroádego de Protección á Muller
Tipoorganización
Data de fundación1931
Data de disolución1984
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Padroádego de Protección á Muller (en castelán: Patronato de Protección a la Mujer) foi unha institución pública de reformas escolares en España creada en 1941 e dependente do Ministerio de Xustiza,[1] caracterizada polas extremas vulneracións dos Dereitos Humanos cometidas contra nenas e mozas encerradas nos seus centros como parte da represión franquista perpetuada ata a Transición.[2] Durante o franquismo, esta institución tiña centros de detención de carácter pechado xeralmente rexentados por ordes relixiosas que podían encerrar a mozas "caídas ou en risco de caer".[3] As mozas podían ingresar nestes centros tras as redadas policiais en prostíbulos, por "conduta inmoral", denuncias de familiares e particulares, a petición das autoridades civís e relixiosas colaboradoras ou a petición da propia interesada ou dos seus pais.[4]

O padroádego estruturábase nunha Xunta Nacional cuxa presidenta de honra era Carmen Polo, a muller de Franco, e cincuenta Xuntas Provinciais.[5] O vicepresidente da Xunta de Pontevedra foi varios anos Cándido Conde Pumpido Ferreiro ata seu traslado a Madrid.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1902, un Real Decreto do 11 de xullo creou o Padroádego Real para a Represión da Trata de Brancas no Ministerio de Xustiza, que foi reformado posteriormente en 1904 e logo no1909. Coa chegada da II República, reorganizouse en 1931 co nome de "Patronato de Protección a la Mujer" e disolveuse en 1935, encomendándolle as súas competencias ao Consello Superior de Protección de Menores.[1] Por Decreto do 6 de novembro de 1941 volveuse crear o Padroádego de Protección da Muller que desapareceu definitivamente en 1984, cando se traspasou ás comunidades autónomas as súas competencias en materia de protección da muller.[7]

Foi a escritora Consuelo García del Cid Guerra a que sacou á luz a historia dos abusos, torturas, roubos de bebés e violacións dos dereitos humanos[2] cometidos polo Padroádego de Protección da Muller co seu ensaio "Las desterradas hijas de Eva" (2012). A autora pasou por reformatorios franquistas dependentes do Padroádego. En maio de 2023, a escritora falou no Parlamento de Cataluña sobre o Padroádego, solicitando unha comisión específica de investigación ao respecto e o perdón público das congregacións relixiosas que operaban nos centros da institución.

A investigadora en historia contemporánea Carmen Guillén Lorente fixo a súa tese de doutoramento sobre o padroádego El Patronato de Protección a la Mujer: prostitución, moralidad e intervenciíon estatal durante el franquismo (2018), e segue dando a coñecer esta institución e a represión que sufriron as mulleres durante o franquismo.[8]

Funcións[editar | editar a fonte]

Segundo o artigo 4 do Decreto do 6 de novembro de 1941, a finalidade do Padroádego era a dignidade moral da muller, especialmente das mozas, impedir a súa explotación, apartalas do vicio e educalas de acordo coas ensinanzas da relixión católica.[1] Porén, esa educación era en realidade mínima ou inexistente.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Decreto de 6 de noviembre de 1941 por el que se organiza el Patronato de Protección a la Mujer" (PDF). 20 de novembro de 1941. Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Iglesias Aparicio, Pilar (2021). "Violación de los derechos humanos de las mujeres en las Lavanderías de la Magdalena de Irlanda y los centros del Patronato de Protección a la Mujer de España" 6 (11): 231–244. ISSN 2444-9792. Consultado o 4 de decembro de 2023. 
  3. Morcillo Gómez, Aurora (2015). En cuerpo y alma. Ser mujer en tiempos de Franco. Siglo XXI. ISBN 9788432317835. 
  4. Álvarez Fernández, Carlos. "“El Patronato de Protección a la Mujer: la construcción de la moralidad pública en España”" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2018. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  5. Guereña, Jean-Louis (2003). La prostitución de la España contemporánea. Marcial Pons Historia. ISBN 84-95379-62-7. 
  6. B.O. del E. II Autoridades y Personal. Nombramientos situaciones e incidencias (19 de xuño de 1974). "11886 ORDEN de 31 de mayo de 1974 por la que se acepta la renuncia al cargo, por razón de traslado, del Vicepresidente segundo de la Junta Provincial del Patronato de Protección a la Mujer en Pontevedra." (PDF). BOE (146): 12654. 
  7. Guillén Llorente, Carmen (2017). "Entre la legalidad y el castigo: Patronato de protección a la mujer y prostitución en la Murcia del primer franquismo (1939-1956)". Fronteras contemporáneas. Identidades, pueblos, mujeres y poder (PDF) (Universidad Autónoma de Barcelona ed.). ISBN 978-84-17238-03-2. 
  8. Galdón, Marta García Carbonell, María Palau (2023-06-07). "Carmen Guillén: “El Patronato controló la moral femenina a través de un sistema carcelario”". Pikara Magazine (en castelán). Consultado o 2024-04-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Consuelo García del Cid Guerra (2012): Las desterradas hijas de Eva. Algon Ed. ISBN: 978-84-938407-9-2
  • Consuelo García del Cid Guerra (2015): Ruega por nosotras. Algon Ed. ISBN: 978-84-944025-7-9
  • Consuelo García del Cid Guerra (2021): Las insurrectas del Patronato de Protección a la Mujer. Anantes Ed. ISBN: 978-84-122441-7-5
  • Marta García y María Palau (2023): Indignas hijas de su Patria - Crónicas del Patronato de Protección a la Mujer en el País Valencià. Institución Alfons el Magnànim - Centre Valencià d'Estudis i d'Investigació. ISBN: 978-84-1156-008-5.

Novelada[editar | editar a fonte]

  • Montse Alabarta Gomis (2023): Margaritas Blancas: Mujeres Invisibles. Letra Minúscula Ed. ISBN: 978-84-197051-1-2