Saltar ao contido

Paco Nogueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaco Nogueiras

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, actor Editar o valor en Wikidata


Francisco Nogueiras Nodar, coñecido artisiticamente como Paco Nogueiras, nado en Santiago de Compostela en 1970, é un actor e músico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É graduado social pola Universidade de Santiago de Compostela. Formouse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e colexios. Foi actor e percusionista de compañías como Els Comediants e Os Quinquilláns (14 anos). Tamén formou parte da Orquestra Os Modernos, da compañía Os Tres Tenedores e da Campaña de Animación á Lectura de Kalandraka.[1] Foi socio fundador da Asociación Cultural "Arco da vella" e da Asociación de Gaiteiros de Santiago e bisbarra.[2]

Como músico participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza (RESAD de Madrid dirixida por Elvira Sanz, titulada Bahía o en la línea de salida, en 1996) e dunha serie infantil da TVG.[1] Foi membro dos grupos de música folk Ophiusa e Daghda. Tamén foi 13 anos dependente dunha tenda de discos santiaguesa.

Foi primeiro premio de grupo de gaitas no ano 1987 , premio ao mellor folk tradicional no ano 1990, premio ao mellor folk renovado en 1993 e primeiro premio de grupos para ensinanzas medias de Galicia en 1988.[2]

Co seu característico chapeu azul leva 360 representacións con Brinca Vai! e outras 150 con Radio Bule Bule.[3]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Brinca vai! (2013). Kalandraka. Ilustracións de David Pintor. 56 páxs. ISBN SBN: 978-84-8464-877-2. 12 cancións para 12 meses. Libro, CD, DVD. III Premio Mártín Códax da Música (música infantil).[4]
  • Radio Bule Bule (2020). Kalandraka. Ilustracións de David Pintor. 48 páxs. ISBN 978-8484643081. 12 cancións divertidas. Libro, CD, DVD.
  • Extra! (2020). Kalandraka. Ilustracións de Marc Taeger. 48 páxs. ISBN 978-84-1343-051-5. 12 cancións con inspiración na prensa escrita. Libro, CD.[5]
  • Son animal (2024). Kalandraka. Ilustracións de Marc Taeger. 32 páxs. ISBN 978-84-1343-205-2. Libro disco.
  1. 1,0 1,1 Marín, Redacción (2018-02-21). "El actor y músico Paco Nogueiras presenta en Marín "Radio Bule Bule"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-11-15. 
  2. 2,0 2,1 "Paco Nogueiras". aaag.gal. Consultado o 2020-11-15. 
  3. "Paco Nogueiras, músico e actor: «É moi complicado vivir da cultura»". La Voz de Galicia. 2019-06-10. Consultado o 2020-11-15. 
  4. "musicaengalego: PACO NOGUEIRAS "BRINCA VAI"". musicaengalego. Consultado o 2020-11-15. 
  5. KTV. "“EXTRA” de Paco Nogueiras". Kalandraka TV. Consultado o 2020-11-15.