Pablo Cimadevila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pablo Cimadevila
Nacemento12 de decembro de 1975
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónnadador
editar datos en Wikidata ]

Pablo Cimadevila Álvarez, nado en Pontevedra o 12 de decembro de 1978, é un xoieiro e nadador paralímpico galego, na categoría S6.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con catro anos foi atropelado por un coche, causándolle unha paraplexia.

Nos Xogos Paralímpicos de Sidney 2000 participou en 7 competicións, gañando a medalla de ouro nos 200 libres. En Atenas 2004 participou tamén en 7 competicións, logrando a medalla de bronce nos 4x50. En Pequín 2012, onde participou en seis categorías, acadou a medalla de bronce nos 200 metros e nos 4x50. Participou tamén nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012.

Amais, gañou 5 medallas en campionatos do mundo e outras 5 en campionatos de Europa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]