PTC Integrity

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PTC Integrity

PTC Integrity é un software de xestión do ciclo de vida das aplicacións, (en inglés, software system lifecycle management (SSLM)) deseñado como Software privativo cunha interface en escritorio e outra web, nun modelo de cliente/servidor. A aplicación dá soporte de enxeñaría ao Modelo V permitindo crear requisitos de sistema e crear unha trazabilidade cara aos requisitos de software, as respectivas arquitecturas, a creación e ligazón de tests asociados, permite crear e manter defectos en rede e a integración de software. Finalmente o Software provee ao usuario dos KPI (key performance indicator) do sistema.

A ferramenta[editar | editar a fonte]

A empresa norteamericana PTC (Parametric Technology Corporation) fundada en 1985, con base en Boston, está especializada en softwares que sorporten enxeñaría de procesos en industrias moi reguladas e verticais onde se audite regularmente a conformidade do sistema, como os requisitos da automoción Automotive SPICE ou a industria médica. A empresa é propietaria do código de Creo, Windchill ou Mathcad, e en 2007 compra o software MKS Integrity, para rebautizalo como PTC Integrity en 2011. [1]

O Software actualmente mantén os seguintes bloques de funcionalidades :

  • PTC Integrity Asset Library : Un editor de arquitectura de sistemas que permite o deseño en diferentes modelos, sen que o usuario teña que duplicar os datos, xa que o código desta funcionalidade é capaz de ligar as arquitecturas aínda que fosen creadas con principios e modelos diferentes.
  • PTC Integrity Modeler : Soporte para a linguaxe de modelado de sistemas SysML 2.0.
  • PTC Integrity Process Check : Scripts que apoian a automatización de auditorías. Baséase nas preguntas estándar que pode facer un auditor e ten preparados os resultados de forma automática.
  • PTC Integrity Process Consumer : Unha wiki interna auto-xerada polo sistema.
  • PTC Integrity Process Director : Funcionalidades para os xerentes dos proxectos, onde poden visualizar as métricas e resultados dos tests, cantos requisitos foron xa implementados no software etc ...
  • PTC Integrity Process Perspective : Un editor de presentacións.
  • PTC AgileWorx : Unha guía ao proceso de creación Áxil de software.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]