Automotive SPICE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Automotive SPICE é un esquema de avaliación de software que se emprega como estándar internacional deseñado para medir a calidade da produción dunha ECU, software embebido, na industria da automoción.

Neste conglomerado de empresas da automoción os fabricantes orixinais de pezas (OEM) (en contraste aos fabricantes de aftermarket con tecnoloxía que pode ser adherida posteriormente trala compra do vehículo) e os seus provedores empregan Automotive SPICE como un marco de traballo para xestionar a calidade do seu produto e asegurar o seu éxito no proceso de validación e homologación. O dono legal da marca "Automotive SPICE" é o Centro para a Calidade da Asociación Alemá para a Industria da Automoción (QMC, Qualitäts Management Center im Verband der Automobilindustrie e.V.).

Ao xeito de calquera outro proceso de maduración dun cógico de software, Automotive SPICE consiste nuns procesos de referencia para a modelaxe (PRM) e duns procesos para a avaliación do modelo (PAM) aplicados ás necesidades da electrónica embebida nos automóbiles.

Contexto[editar | editar a fonte]

En 2001 un grupo formado por AUDI, Daimler, Fiat, Ford, Jaguar, BMW, Land Rover, Porsche, Volkswagen e Volvo, creou un esquema de avaliación específico para procesos software no contexto da automoción. A este modelo de avaliación e mellora, baseado na ISO 15504 e na ISO 12207, foille asignado o emblema identificativo de Automotive SPICE. Automotive SPICE é recoñecido actualmente como un estándar de facto no sector da automoción, empregándose para a avaliación dos provedores de software nesta especialización industrial. Pero este supraconxunto de estándares tamén envolve aos clientes, xa que o Automotive SPICE define un grupo de procesos, denominado ACQ (Acquisition Process Group) para aqueles clientes que externalizasen a produción de software, esixíndolles capacidade de análise, rigurosidade documental ou definición de requisitos. Os procesos guían o traballo entre provedor e cliente, pautando diferentes tempos de traballo dependendo da madurez do proxecto e limita a implantación de todos os seus capítulos segundo o tamaño que teña a empresa implicada na construción do cógigo. Ao recoller todas as normativas en canto a calidade e seguridade do software definidas nas ISO 15504 e ISO 12207, o esquema de traballo utilizado é moi similar ao normalmente aplicado ao software industrial. A principal diferenza é a avaliación que fai este estándar en base á capacidade de traballo (e non a madurez do código) e que fixa un subconxunto específico de procesos da ISO 12207 xerarquizados en base a este parámetro. [1]

Partes do Automotive SPICE[editar | editar a fonte]

O estándar consiste en trinta e un procesos:

  1. SPL.1 Supplier tendering
  2. SPL.2 Product release
  3. ENG.1 Requirements elicitation
  4. ENG.2 System requirements analysis
  5. ENG.3 System architecture design
  6. ENG.4 Software requirements analysis
  7. ENG.5 Software design
  8. ENG.6 Software construction
  9. ENG.7 Software integration test
  10. ENG.8 Software testing
  11. ENG.9 System integration test
  12. ENG.10 System testing
  13. SUP.1 Quality assurance
  14. SUP.2 Verification
  15. SUP.3 Joint review
  16. SUP.7 Documentation
  17. SUP.8 Configuration management
  18. SUP.9 Problem resolution management
  19. SUP.10 Change request management
  20. MAN.3 Project management
  21. MAN.5 Risk management
  22. MAN.6 Measurement
  23. PIM.3 Process improvement
  24. REU.2 Reuse program management
  25. ACQ.3 Contract agreement
  26. ACQ.4 Supplier monitoring
  27. ACQ.11 Technical requirements
  28. ACQ.12 Legal and administrative requirements
  29. ACQ.13 Project requirements
  30. ACQ.14 Request for proposals
  31. ACQ.15 Supplier qualification

Procesos para a avaliación do modelo (PAM)[editar | editar a fonte]

Automotive SPICE define un glosario de termos, definicións e abreviacións para a súa aplicación durante todo o corpo do estándar e a súa natural extensión de uso na industria, homoxeneizando o léxico. [2]

Termo Definición
1- N Not achieved. Hai pouca ou ningunha evidencia de ter acadado os atributos do proceso necesarios para definir a avaliación do software.
2- P Partially achieved. Hai algunha evidencia de ter acadado os atributos do proceso necesarios para definir a avaliación do software. O que indicamos é que os resultados poden ser imprendecíbeis.
3- L Largely achieved. Hai unha evidencia sistemática de ter acadado os atributos do proceso necesarios para definir a avaliación do software. O que indicamos é que feblezas deste sistema poden chegar a presentarse durante a produción do software.
4- F Fully achieved. Hai unha completa evidencia sistemática de ter acadado os atributos do proceso necesarios para definir a avaliación do software. Non son detectadas feblezas na definición do proceso como resultado de aplicar este estándar no proceso de avaliación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]