P. J. Dozier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PJ Dozier»)
P. J. Dozier
Partizan Mozzart Bet  – No. 35
Información persoal
Nacemento 25 de outubro de 1996 (27 anos)
Columbia, Carolina do Sur
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Spring Valley
(Columbia, South Carolina)
Universidade South Carolina (2015–2017)
NBA Draft 2017 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2017
Historial de equipos
Oklahoma City Thunder (2017–2018)
Oklahoma City Blue (2017–2018)
Boston Celtics (2019–2020)
Maine Red Claws (2019–2020)
Denver Nuggets (2019–2022)
Windy City Bulls (2019–2020)
Iowa Wolves (2022–2023)
Sacramento Kings (2023)
Iowa Wolves (2023)
Sacramento Kings (2023)
Partizan (2023–presente)

Perry Dozier Jr., nado o 25 de outubro de 1996 en Columbia, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Partizan Mozzart Bet serbio. Con 1,98 metros de estatura xoga nas posicións de base e escolta.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2017, Dozier asinou cos Los Angeles Lakers para xogar a Liga de Verán da NBA de 2017. O 8 de agosto de 2017, asinou cos Dallas Mavericks,[1] pero foi cortado o 14 de outubro de 2017, dous días antes de asinar cos Oklahoma City Thunder un contrato para xogar nos Thunder e no seu afiliado da NBA G League, os Oklahoma City Blue. Dozier debutou na NBA o 8 de febreiro de 2018 contra os Los Angeles Lakers.

O 21 de agosto de 2018, Dozier asinou cos Boston Celtics.[2]

O 13 de agosto de 2019, Dozier asinou un contrato dun ano cos Denver Nuggets.[3]

O 19 de xaneiro de 2022, os Nuggets traspasaron a Dozier ós Boston Celtics, nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os San Antonio Spurs.[4] O 10 de febreiro de 2022, os Celtics traspasaron a Dozier sen que chegase a debutar, desta vez ós Orlando Magic.[5] Tras o traspaso, Dozier foi cortado polos Magic.[6]

O 12 de agosto de 2023, Dozier asinou un contrato dun ano co KK Partizan serbio.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Karalla, Bobby (8 de agosto de 2017). "Mavericks sign guard P.J. Dozier". Dallas Mavericks. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  2. "Celtics Sign PJ Dozier to Two-Way Contract". NBA.com. 21 de agosto de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  3. "Denver Nuggets sign Tyler Cook and P.J. Dozier". NBA.com. 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  4. "Celtics Acquire Bol Bol, P.J. Dozier in Three-Team Deal". NBA.com. 19 de xaneiro de 2022. 
  5. "Orlando Magic Acquire Bol Bol, P.J. Dozier, Future Second Round Draft Pick and Cash Considerations From Boston". NBA.com. 10 de febreiro de 2022. 
  6. @. "The @OrlandoMagic have waived guard P.J. Dozier. #MagicTogether" (Chío) – vía Twitter. 
  7. "Pi Džej Doužer je novo pojačanje Partizana Mozzart Bet". KKPartizan.rs (en Serbian). 12 de agosto de 2023. Consultado o 12 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]