PAW Patrol
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
PAW Patrol (Patrulla Canina na dobraxe en castelán) é unha serie canadense de animación creada por Keith Chapman e producida por Guru Studio. A estrea da serie foi o 12 de agosto de 2013 en Nickelodeon (nos Estados Unidos) e en TVOKids (no Canadá) o 27 de agosto de 2013. O show está producido por Spin Master Entertainment en asociación con TVOKids. O 14 de novembro de 2013, Nickelodeon anunciou que PAW Patrol fora renovada para unha segunda tempada que comezou a transmitirse o 13 de agosto de 2014. O 6 de xuño de 2015, Nickelodeon anunciou que PAW Patrol fora renovada para unha terceira tempada de 20 episodios que comezará a emitirse antes de finais de 2015.
O tema musical que soa ao comezo de cada episodio, na súa versión orixinal, está escrito por Michael Smidi Smith e Scott Krippayne e cantado por Scott Simons.
En Galicia emítese en canles estatais coa dobraxe en castelán.
Enredo
[editar | editar a fonte]PAW Patrol é unha serie animada de acción e aventura protagonizada por un grupo de sete cadeliños: Chase, Marshall, Rocky, Zuma, Rubble, Skye e mais Everest (incorporada na tempada 2) que son dirixidos por un rapaz de 10 anos experto en tecnoloxía chamado Ryder. Cunha mestura única de habilidades para arranxar problemas, vehículos xeniais e unha chea de humor dos lindos cadelos, os cans da patrulla traballan conxuntamente en misións de rescate de alto risco para protexer á comunidade de Baía Aventura.
Os cadeliños teñen cadansúa personalidade única e achegan unha habilidade ao equipo. Son un exemplo da importancia do traballo en equipo e da boa cidadanía. Todos eles teñen mochilas especiais nas súas costas para axudar a manexar calquera cousa - dende rescatar gatiños a salvar un tren dun derrubamento de rochas. E non importa o grande que sexa a aventura, os PAW Patrol sempre teñen tempo para xogar e rir.
Dobraxe
[editar | editar a fonte]No Canadá
[editar | editar a fonte]- Ryder: Owen Mason / Elijha Hammill
- Marshall: Gage Munroe / Drew Davis
- Rubble: Devan Cohen
- Chase: Tristan Samuel / Max Calinescu
- Rocky: Stuart Ralston / Samuel Faraci
- Zuma: Alex Thorne
- Skye: Kallan Holley
- Capitán Turbot: Ron Pardo
- Alcadesa Goodway: Deann Degruijter
- Alex: Christian DiStefano
- Katie: Katherine Forrester
- Cali: Julie Lemieux
- François: Peter Cugno
- Jake: Scott McCord
- Señor Porter: Blair Williams
En España
[editar | editar a fonte]- Ryder: Carlos Larios
- Zuma: Marta Almazán
- Katie: Marta Almazán
- Marshall: Diana Torres
- Voces adicionais: Branca Rada
- Voces adicionais: Patricia Rada
- Voces adicionais: Miriam Valencia
- Voces adicionais: Marta Almazán