Saltar ao contido

P.S. I Love You (canción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«P.S. I Love You»
Canción de The Beatles
do Álbum Please Please Me
Lanzamento Reino Unido - 5 de outubro de 1962
Estados Unidos - 27 de abril de 1964
Formato Sinxelo 7", 45 RPM
Gravada 11 de setembro de 1962 — EMI Studios, Londres
Xénero musical Beat
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 2:06
Discográfica Parlophone (GBR)
Tollie Records (USA)
Produtor(es) George Martin
Escritor(es) Lennon—McCartney
Cronoloxía
«"Love Me Do"
cara A»
«P.S. I Love You» «"Please Please Me
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"P.S. I Love You" é unha canción da banda británica The Beatles, composta principalmente por Paul McCartney, e acreditada a Lennon-McCartney.[1] Foi lanzada o 5 de outubro de 1962 como cara B do sinxelo "Love Me Do". Tamén foi incluída no seu álbum debut Please Please Me. Máis tarde foi incluída no álbum recompilatorio Love Songs.

Composición

[editar | editar a fonte]

Escrita en 1961, mentres Paul McCartney estaba en Hamburgo, esta canción é ás veces considerada como unha dedicatoria á súa entón noiva Dot Rhone.[2] Con todo, McCartney nega esta historia; describe a «P.S. I Love You» como

un tema baseado nunha carta (...) Era miña máis ou menos. Non creo que John colabore nela. Hai certos temas que son máis fáciles que outros para usar nunha canción, e unha carta é un deles (...) Non se basea na realidade, nin a escribín á miña noiva de Hamburgo, como algunhas persoas pensan.[3]

John Lennon dixo sobre a canción:

É unha canción de Paul. Estaba tratando de escribir algo como «Soldier Boy» de The Shirelles. Escribiuna en Hamburgo, ou cando estabamos viaxando a Hamburgo. Puiden achegar algo. Non recordo nada en particular. Foi principalmente unha canción súa.[4]

Melodicamente podería considerarse retrospectivamente como típica ao estilo de composición de McCartney, con Lennon contribuíndo cunha sinxela nota harmónica enfatizando o comezo de cada estrofa. Hai dúas notables excepcións ao modelo contemporáneo musical. Durante o coro de apertura, o acorde Do en sétima colócase de xeito incongruente entre Sol e Re (en «write»), e durante a liña do título da canción un cambio repentino a Si bemol prodúcese por baixo de «P.S. I Love You», que Ian MacDonald describiu como «un paso lateral escuro».[5] Liricamente construída coa súa audiencia feminina en mente, The Beatles incluírona como parte do seu repertorio no Cavern Club, onde a canción era unha das favoritas dos afeccionados.[6] The Beatles admiraban a Buddy Holly and The Crickets (demostrándoo pola súa versión de «Words of Love» en Beatles for Sale). O escritor Jonathan Cott suxeriu que o «P.S.» da canción foi unha sutil referencia a «Peggy Sue», pola liña: «I love you, Peggy Sue».[7]

Gravación

[editar | editar a fonte]

A versión presentada no sinxelo foi gravada en dez tomas o 11 de setembro de 1962 nos Estudios EMI de Londres. O produtor George Martin contratara o batería de sesión Andy White en substitución de Pete Best, que non era considerado tecnicamente bo para a gravación (Martin non sabía que Best fora despedido e substituído por Ringo Starr, quen toca as maracas nesta canción). White era un batería autónomo, e deulle á gravación un lixeiro toque de chachachá.[2]

Martin non estivo presente na sesión, polo que a canción foi producida por Ron Richards na súa ausencia. Richards dixo ao grupo que a canción non podería ser a cara A do sinxelo debido á existencia dunha canción anterior co mesmo título : «Eu era orixinalmente un home do mundo musical, así que sabía que alguén fixera unha canción con ese título. Díxenlle a Paul 'Podes usala como cara B, pero non como cara A'».[8]

The Beatles (con Starr na batería) tamén gravaron esta canción para a BBC o 25 de outubro de 1962, o 27 de novembro de 1962 e o 17 de xuño de 1963 para a súa posterior transmisión nos programas de radio da BBC Here We Go, Talent Spot, e Pop Go The Beatles, respectivamente.

O persoal utilizado na gravación da canción foi o seguinte:

The Beatles
Outros músicos
Equipo de produción

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Ano País Lista Posición
[9][10]
Semanas n.º 1 Semanas en lista[11]
1964 Estados Unidos de América Estados Unidos Billboard Hot 100 10 3
Record World 13
Cash Box 10
  1. Harry 2000, p. 892
  2. 2,0 2,1 MacDonald 2005, p. 61
  3. Miles 1997, p. 37
  4. Sheff 2000, p. 168
  5. MacDonald 1997, p. 54
  6. MacDonald 1997, p. 61
  7. Miller 1976, p. 81
  8. Lewisohn 1988, p. 20
  9. Richie Unterberger (ed.). "The Beatles - Billboard Singles". Allmusic (en inglés). Consultado o 6/04/2013. 
  10. "Chart Comparisons - Singles" (en inglés). Archived from the original on 03/08/2014. Consultado o 6/04/2013. 
  11. (Harry 2000, p. 266)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]