Pío Ramón Ojea
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de agosto de 1869 Allariz |
| Morte | 25 de agosto de 1943 Ourense |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, pedagogo, político |
| Familia | |
| Fillos | Xosé Ramón Fernández-Oxea |
Pío Ramón Ojea, nado en Allariz o 29 de agosto de 1869 e finado en Ourense o 25 de agosto de 1943, foi un mestre, pedagogo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Eligio Ojea. Foi director do Colexio San José de Calasanz de Ourense (1905). Dirixiu o Boletín del Magisterio. Foi profesor auxiliar da Escola Normal de Mestres de Ourense dende 1911. Impartiu clases de Xeografía e foi secretario da Normal baixo a dirección de Emilio Amor Rolán. Foi concelleiro de Ourense polo Partido Liberal en 1917.[1] Finou en Ourense o 25 de agosto de 1943.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Fernández Antelo e foi pai de Xosé Ramón Fernández-Oxea.