Oxford Street

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oxfordstreet and centrepoint.jpg

Oxford Street é unha das grandes rúas de Londres, Inglaterra. Situada no término de Westminster, é unha das rúas máis famosas do mundo para as compras. Con máis de 300 tendas, é a rúa comercial máis grande do mundo. Ocupa aproximadamente uns 2.000 metros dende Marble Arch na esquina norleste de Hyde Park, continúa por Oxford Circus ata St Gile's Circus, cara á intersección con Charing Cross Road e Tottenham Court Road. Ao oeste de Marble Arch, Oxford Street convértese en Bayswater Road ou a A40, a cal continua cara ao oeste cara a Oxford. Oxford Street ten intesercción con outras rúas londinienses famosas, incluíndo Park Lane, New Bond Street e Regent Street.