Oviedo é unha cidade do condado de Seminole, no estado de Florida, nos Estados Unidos de América. No censo de 2010 tiña unha poboación de 33.342 habitantes e unha densidade de poboación de 830,38 hab/km².
O nome da cidade foi escollido por Andrew Aulin, un emigrante sueco que buscaba un nome peculiar para a oficina de correos á que acababa de ser destinado. Escolleu o nome da cidade asturiana de Oviedo, aínda que se descoñece se visitou a universidade da cidade española ou simplemente gustáballe a pronuncia.