Otilia Mó Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOtilia Mó Romero
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Lira, España Editar o valor em Wikidata
Emérita
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 534998


Otilia Mó Romero, nada en Ponteareas o 24 de decembro de 1947, é unha química galega. No ano 2019 foi elixida pola IUPAC como como Distinguished Women in Chemistry 2019.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en química pola Universidade de Santiago de Compostela (1970) e doutorada pola Universidade Autónoma de Madrid (1974).Viviu de 1974 a 1976 nos Estados Unidos traballando no Carnegie Mellon University (Pennsylvania), como Postdoctoral Research Associated, con John Pople, Premio Nobel de Química en 1998. No ano 2000 foi nomeada catedrática de Química Física da Universidade Autónoma de Madrid, e na actualidade é catedrática emérita.

O seu interese por conseguir que a perspectiva de xénero impregnara a docencia e investigación levouna a ocupar o posto de secretaria do Instituto Universitario de Estudios de la Mujer da UAM dende 1990 ata 1991, e directora do mesmo dende 1991 a 1995. [2]

Foi directora de Programas y Transferencia de Conocimiento do Ministerio de Ciencia e Innovación, e coordinadora científica do programa Consolider-Ingenio, Membro da Comisión de Acreditación de profesores Titulares de Ciencias da Aneca, así como presidenta da sección de Madrid da Real Sociedad Española de Química e vicepresidenta da European Chemistry Thematic Network Association (ECTNA).[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Extraordinario en 1970, Compostela
  • Premio Extraordinario en 1974, Madrid
  • 'Distinguished Women in Chemistry 2019' pola International Union of Pure and Applied Chemistry (Iupac), pola súa "excelencia" na investigación básica e o seu liderado en Química.[4]

Leva publicados máis de 350 artigos científicos, sendo recoñecida como unha das mulleres que máis artigos leva publicados na revista Journal of Physical Chemistry.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. RSEQ, Editoras (2019-02-05). "La profesora Otilia Mó elegida "IUPAC 2019 Distinguished Women in Chemistry" – RSEQ". RSEQ, Real Sociedad Española de Química (en castelán). Consultado o 2021-01-17. 
  2. 2,0 2,1 "Otilia Mó Romero". AMIT (en castelán). 2015-11-16. Consultado o 2021-01-17. 
  3. "UAM - Facultad de Ciencias - Mó Romero, Otilia". www.uam.es. Consultado o 2021-01-17. 
  4. "La catedrática de la UAM Otilia Mó Romero, premiada por su carrera en química". La Vanguardia (en castelán). 2019-02-12. Consultado o 2021-01-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]