Otilia Mó Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Otilia Mó Romero
Nome completoOtilia Mó Romero
Nacemento24 de decembro de 1947
 Lira, Salvaterra de Miño
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncientífica
editar datos en Wikidata ]

Otilia Mó Romero, nada en Ponteareas o 24 de decembro de 1947, é unha química galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en química pola Universidade de Santiago de Compostela (1970) e doutorada pola Universidade Autónoma de Madrid (1974). Viviu de 1974 a 1976 nos Estados Unidos traballando no Carnegie Mellon University (Pennsylvania), como Postdoctoral Research Associated, con John A. Pople, Premio Nobel de Química en 1998. Dende o ano 2000 é catedrática de Química Física da Universidade Autónoma de Madrid.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Extraordinario en 1970, Compostela
  • Premio Extraordinario en 1974, Madrid

Leva publicados máis de 350 artigos científicos, sendo recoñecida como unha das mulleres que máis artigos leva publicados na revista Journal of Physical Chemistry.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]