Oswald Durand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOswald Durand

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1840 Editar o valor em Wikidata
Cabo Haitiano, Haití (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 1906 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Porto Príncipe, Haití Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHaití Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , poeta , político , mestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Discogs: 1579149 WikiTree: Durand-1745 Editar o valor em Wikidata

Charles Alexis Oswald Durand, nado en Cap-Haïtien o 17 de setembro de 1840 e finado en Porto Príncipe o 22 de abril de 1906, foi un escritor, político e xornalista haitiano en francés e crioulo haitiano, foi o primeiro gran poeta da literatura haitiana[1] e está considerado o poeta nacional de Haití, é autor do canto patriótico Quand nos Aïeux brisèrent leurs entraves que desempeñou as funcións de himno nacional dende 1893 ata 1904.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto do barón de Vastey, Pompée Valentin Vastey. Tras o terremoto de 1842 quedou orfo de nai e pai, educándoo súa avoa materna. Pasou a súa primeira infancia en Ouanamithe. Oswald Durand foi profesor e despois director do instituto local de Gonaïves en 1866. Foi secretario do Consello de Ministros, en 1868. Estivo dous anos[2] na cadea polas súas ideas políticas (1883-1885) e exerceu como deputado dende 1885, reelixido ata seis veces, foi presidente da cámara en 1888. Fundou o xornal satírico Les Bigailles. Mentres estivo en prisión escribiu un dos seus poemas máis famosos en crioulo, e tamén o primeiro escrito nesa lingua con calidade literaria[3], Choucoune ao que puxo música Michel Mauléart Monton e que se converteu nun himno oficioso do país. Adaptouse en inglés co título de Yellow Bird e converteuse nunha melodía popular fóra do país, gravado por entre outros Harry Belafonte.

En 1896 publicou dous volumes con poemas aparecidos en xornais dende 1869 co título de Rires et pleurs que inclúe 160 poemas, dous escritos en crioulo[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maximilien Laroche "Oswald Durand", ile-en-ile.org
  2. Verity Smith (1997) Encyclopedia of Latin American Literature Routledge, p. 276
  3. Dash, J. Michael (1981) Literature and Ideology in Haiti, 1915–1961 Palgrave Macmillan, p. 20
  4. Amy Riensel (2008) Poetry of Revolution: Romanticism and National Projects in Nineteenth-century Haiti ProQuest, p. 106