Oskar Merikanto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Frans Oskar Mattsson 5 de agosto de 1868 Helsinqui, Finlandia |
Morte | 17 de febreiro de 1924 (55 anos) Oitti, Finlandia (en) |
Lugar de sepultura | cemiterio de Hietaniemi |
Educación | Escola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | St. John's Church in Helsinki (en) |
Ocupación | organista, director de orquestra, pianista, compositor |
Xénero artístico | Música clásica |
Instrumento | Órgano e piano |
Familia | |
Fillos | Aarre Merikanto |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) , (p.134), |
|
Frans Oskar Merikanto, nado en Helsinqui (Finlandia) o 5 de agosto de 1868 e finado en Oitti (Hausjärvi, Finlandia) o 17 de febreiro de 1924, foi un compositor, músico, director de orquestra e mestre finlandés. Merikanto tivo unha especial relevancia no desenvolvemento da música relixiosa e as representacións operísticas en Finlandia. Entre as súas composicións salientan as súas obras para piano, que lle proporcionaron gran popularidade, e as súas cancións.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Oskar Merikanto, Frans Ferdinand Ala-Kanto, de Jalasjärvi (Ostrobotnia do Sur, que tiña o apelido sueco Mattsson cando se uniu ao exército Finlandés. En 1882 mudou o seu apelido por Merikanto, "meri" significa "mar" e fai referencia á súa viaxe dende Vaasa ata Helsinqui, mentres que "Kanto" fai referencia ás súas orixes na propiedade Kanto.[2]
En 1887 foi admitido para estudar no Conservatorio de Leipzig, onde se formou ata 1889 co apoio de Aurora Karamzin. Dende 1892 ata a súa morte exerceu como organista na igrexa de San Xoán de Helsinqui.[3][4]
Pianista e organista
[editar | editar a fonte]Oskar Merikanto foi un salientado pianista e organista. Como pianista percorreu Finlandia dando concertos como acompañante de cantantes e instrumentistas, traballo no que era recoñecido non só pola súa calidade como instrumentista senón por apoiar ás persoas ás que acompañaba por todos os medios posibles.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "OSKAR MERIKANTO (1868 - 1924)" (en inglés). Naxos Records. Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ Heikinheimo, Seppo (1985). Aarre Merikanto. Säveltäjäkohtalo itsenäisessä Suomessa (en finés). Helsinki Näkövammaisten kirjasto. ISBN 951-0-13319-1.
- ↑ "Merikanto, Oskar" (en finés). itsenaisyys100.fi. Consultado o 23 de novembro de 2020.
- ↑ "Merikanto Oskar". Sininen Laulu (en finés). yle.fi. Consultado o 23 de novembro de 2020.
- ↑ Tarpila, Laila (8 de agosto de 2019). "Säveltäjä Oskar Merikanto oli Sibeliusta suositumpi mutta ystävien kiusaama – Musiikin syntymäpäiväkalenteri" (en finés). Yle.fi. Consultado o 20 de outubro de 2020.