Os cinco cubanos
Aparencia
Os cinco cubanos, xeralmente coñecidos como "os cinco" ou en inglés "Cuban Five" (Gerardo Hernández, Antonio Guerrero, Ramón Labañino, Fernando González e René González) son cinco membros do servizo de intelixencia de Cuba, arrestados no ano 1998 polo FBI en Miami, por observaren e infiltrárense nas organizacións anticastristas Alpha 66, F4 Commandos, a Cuban American National Foundation e Hermanos al Rescate[1].
Foron acusados de espionaxe e, ademais, Gerardo Hernández foi tamén acusado de conspiración para cometer asasinato. Finalmente foron condenados en 2001 a penas que varían entre os 15 anos de René González e as dúas cadeas perpetuas a Gerardo Hernández.
Membros
[editar | editar a fonte]- Antonio Guerrero Rodríguez (Miami, 1958) Enxeñeiro en Construción de Aeródromos e poeta. Sentenciado a cadea perpetua máis 10 anos de cárcere.
- Fernando González Llort (A Habana, 1963), graduado do Instituto de Relacións Internacionais (ISRI) do Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba. Sentenciado a 19 anos de cárcere.
- Gerardo Hernández Nordelo (A Habana, 1965), graduado do ISRI e caricaturista. Sentenciado a dúas cadeas perpetua máis 15 anos de cárcere.
- Ramón Labañino Salazar (A Habana, 1963), graduado de Licenciatura en Economía na Universidade da Habana. Sentenciado a 30 anos de cárcere.
- René Gonzalez Sehwerert (Chicago, 1956), instrutor e piloto de avión. Sentenciado a 15 anos de cárcere.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Saul Landau, Counterpunch, 17 de abril de 2009, Infiltrating Alpha 66 Arquivado 24 de abril de 2009 en Wayback Machine.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |