Os Irmandiños Sociedade Cooperativa Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Vista parcial das instalacións de Os Irmandiños, S.C.G. na Devesa, Ribadeo
Vista parcial das instalacións de Os Irmandiños, S.C.G. na Devesa, Ribadeo.

Os Irmandiños, Sociedade Cooperativa Galega é unha cooperativa de carácter agropecuario con base na parroquia da Devesa (Ribadeo). Foi creada en 1976 e comezou a súa actividade en 1978[1].

Historia[editar | editar a fonte]

En 1991 puxo en marcha os seus servizos técnicos[2], e o Parque de maquinaria no 1992[1]. En 1993 superou os mil millóns de pesetas de facturación.[3] En 2014 contaba con 87 empregados e 36 673 004 € de facturación.[4]

En 2016 integrouse en CLUN -Cooperativas Lácteas Unidas, grupo económico integrado por Feiraco, Irmandiños e Melisanto[5]- despois de ter participado noutros grupos cooperativos.

En 2017 ten máis de mil socios de 40 concellos de Galicia e Asturias[1].

Nas instalacións da Devesa dispón ademais de almacéns, unha tenda estilo gran superficie e unha estación de servizo inaugurada no 2017. A poucos quilómetros, en Vilamartín Grande (Cabarcos, Barreiros) sitúase o CAVI, Centro de Alimentación de Vacún Irmandiños. Na década de 2010 esta instalación é acusada reiteradamente de verquidos con influencia na calidade da auga recollida no encoro de Lexoso para Ribadeo.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 http://cluncoop.es/cooperativas-socias/
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2014. Consultado o 24 de xuño de 2017. 
  3. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2017/06/22/os-irmandinos-mil-millones-pesetas-facturados/0003_201706X22C10992.htm
  4. "Oito anos despois,os vectores da economía ribadense". Cita de datos de ARDÁN. Consultado o 23706/2017. 
  5. "Nace CLUN, la nueva Cooperativa de segundo grado". Consultado o 24/6/2017. 
  6. "Novos vertidos ao río Grande - Novas. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]