Os Campaneiros de Vilagarcía
| Os Campaneiros de Vilagarcía | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Os Campaneiros de Vilagarcía foi un cuarteto de gaitas de música tradicional galega formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984.
Historia
[editar | editar a fonte]Os irmáns Xosé e Ramón Valiñas Oubiña, do Sisto (Vilagarcía de Arousa), actuaron por vez primeira baixo o nome de Os Campaneiros no ano 1926. O alcume víñalles por un bisavó fabricante de campás. Varios percusionistas actuaron cos irmáns ao longo da dilatada carreira do grupo, pero son coñecidos sobre todo os tamén irmáns José e Celestino, fillos de Pallamallada, un coñecido gaiteiro da comarca arousana.

No ano 1983 a súa aldea natal fíxolles unha homenaxe popular, na que actuaron Milladoiro, Fuxan os Ventos, Airiños do Parque de Castrelos, Os Rosales. No ano 1984, na Festa do Marisco no Grove, o grupo actuou por derradeira vez, obrigados polo estado de saúde de Ramón.
O grupo foi moi prolífico: deixaron editado un disco e varias gravacións caseiras que van saíndo á luz en edicións modernas. Achegaron tamén unha gran cantidade de pezas da súa autoría ao repertorio galego para gaita. Do seu estilo interpretativo hai que destacar a súa particular maneira de entender a percusión dentro da formación tradicional do cuarteto de gaitas.
Membros
[editar | editar a fonte]- Xosé Valiñas, gaitas.
- Ramón Valiñas, gaitas.
- Celestino Carballa, tamboril.
- Xosé Carballa, bombo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Rey, Carlos; Nogueira, Paulo; Silveiro, Héctor (2005). Os campaneiros de Vilagarcía. Vigo. Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-340-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Os Campaneiros, expertos gaiteiros. - tallercrof (Youtube).