Orquídea recendente
Orquídea recendente | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Himantoglossum robertianum na serra de Carrascoy de Murcia, España. | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Himantoglossum robertianum' (Loisel.) P. Delforge 1999 |
A orquídea recendente, Himantoglossum robertianum,[1] é unha orquídea terrestre europea. En principio foi descrita baixo o nome de Orchis robertiana por Loiseleur, que lla dedicou ao seu amigo botánico G.-N. Robert, a continuación chamouse Barlia robertiana (nome asignado por Greuter), e posteriormente (1999), Pierre Delforge vinculouna ao xénero Himantoglossum.
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]O epíteto robertiana indica ser a orquídea de Robert, en honra do botánico francés Gaspard Nicolas Robert (1776-1857).
Sinonímia:
- Barlia robertiana (Loisel.) Greuter (1967)
- Orchis robertiana Loisel. (1807) (Basionymum)
- Orchis longibracteata Biv. (1806)
- Orchis fragrans Ten. (1811)
- Orchis foliosa Masson ex Ker Gawl. (1819)
- Aceras longibracteatum Rchb.f. (1850)
- Barlia longibracteata (Rchb.f.) Parl. (1858)
- Loroglossum longibracteatum (Rchb.f.) Moris ex Ardoino (1867)
- Himantoglossum longibracteatum (Rchb.f.) Schltr. (1914)
Localización e hábitat
[editar | editar a fonte]Planta vivaz que se atopa distribuída por todo o mediterráneo que en principio se desenvolve sobre chan de calcarias: garrigas, lugares herbosos, malezas, claros de bosques, noiros, bordo dos camiños.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta robusta, con dous (ás veces tres) bulbos máis ou menos ovoides, o seu talo de tronco groso estriado lonxitudinalmente. A súa altura pode variar de 15 a 80 cm, pero a maior parte do tempo non excede os 50 cm.
Follas basais en roseta (5 a 10 follas), verde clara, amplas, carnosas, brillantes, con nervaduras paralelas. Follas caulinares que abrazan o tronco.
A inflorescencia é unha espiga, en primeiro lugar máis ben piramidal, a continuación máis ben cilíndrica. Numerosas brácteas crenadas e lineais podendo alcanzar 3 cm. Flores con esporón orientado cara abaixo.
Os tépalos son estriados, rodeando o labelo, con cores variables do verde ao púrpura, os tres externos ovoides e conniventes, os dous internos lineais. O labelo, de rosa a púrpura, alárgase, de gran tamaño (a miúdo 2 cm), a lóbulo central con dous lóbulos laterais lineais similares a brazos curvados cara ao interior. Florece de febreiro a abril.
Polinización por insectos (entomofilia) sendo os seus polinizadores observados as abellas e os abellóns.
Os froitos son cápsulas. A diseminación das súas diminutas sementes é anemocora (polo vento).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Extremo da inflorescencia.
-
Detalle da flor.
-
Grupo de catro inflorescencias na serra de Carrascoy de Murcia.
-
Exemplar hipocromático na serra de Carrascoy de Murcia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- OrchidaceaeArquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. in L. Watson and M.J. Dallwitz (1992 onwards). The Families of Flowering Plants: Descriptions, Illustrations, Identification, Information Retrieval.Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.
- Catalogue of Life
- Angiosperm Phylogeny Website
- GRIN Taxonomy of Plants
- USDA
- ITIS