Saltar ao contido

Tópico literario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Motivo»)
Véxase tamén: Tema literario.
Tópico literario
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Características
 Aspecto de
Fontes e ligazóns
Freebase/m/09swnj Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata

Tópico literario, en literatura, é un tema ou motivo común xa prefixado que utilizan, como recurso, os escritores e poetas. Trátase dunha serie de constantes temáticas repetidas ao longo da literatura que, na súa maioría, teñen a súa orixe na cultura clásica greco-latina ou na tradición bíblica. Moitos destes temas ou tópicos vense mantendo dende a antigüidade.

Tópicos literarios

[editar | editar a fonte]
  • Aurea mediocritas (A dorada medianía ou termo medio): este tópico amosa o aprecio e a satisfacción polo sinxelo, o cotián, o que se ten, fronte ao material e insubstancial das riquezas.
  • Beatus ille (Feliz aquel): aprecio pola vida tranquila e retirada no campo, fronte á axitación da vida mundana e frívola e das súas preocupacións.
  • Carpe diem (Goza do momento): tópico tomado de Horacio. Goza e aproveita cada momento do teu tempo. Moi utilizado sobre todo na poesía renacentista.
  • Fortuna mutabilis (A fortuna ou a sorte cambia): hai que coñecerse ben e fiarse dun mesmo, sen confiar na sorte cambiante.
  • Ubi sunt? (Onde están...?): a morte chega e todo o iguala, nada queda, se non é a lembranza do pasado. O seu uso máis coñecido atópase nas Coplas por la muerte de su padre de Jorge Manrique («Qué fue del rey don Juan / Los infantes de Aragón qué se hicieron / dónde están/ Qué fue de tanto galán / que fue de tanta invención que trujeron...»)
  • Locus amoenus (Lugar ameno): preséntase a idealización dun lugar paradisíaco, ideal, onde o home acada a harmonía con cada un dos elementos da natureza (Frei Luis de León: Del monte en la ladera,/ plantado por mi mano tengo un huerto/ que, con la primavera,/ de bella flor cubierto...).
  • Tempus fugit (O tempo foxe"): o tempo é inaprehensible, nin se detén nin se lle pode facer retroceder. A expresión invita a aproveitar o tempo (de forma similar ao carpe diem).
  • Odi profanum vulgus (Odio ao vulgo ignorante): tema orixinal de Horacio, amosa o desprezo elitista por quen non apreza a beleza da poesía.

En lingüística textual, a unidade temática, significativa e pertinente, máis pequena dun texto denomínase motivo.

Ás máis das veces o motivo coincide cunha palabra presente no texto; pero, de cando en cando, pode identificarse cun anaco do significado da palabra, é dicir cun sema, ou cun sintagma ou cunha frase na cal non figura a palabra coa cal designamos o motivo.

Cando o motivo se reitera ó longo da obra e asume nela un papel preciso, falarase, por analoxía coa música, de leitmotiv (por exemplo a chuvia é un leitmotiv en A Esmorga de Eduardo Blanco Amor).

Se varios motivos forman unha configuración estable que reaparece con frecuencia na historia da literatura (sen que o mesmo signifique que teña grande importancia nos textos concretos), falaremos de tópicos.