Orencio Pérez
(Redirección desde «Orencio Pérez González»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 Trabazos, España |
Morte | 20 de setembro de 1998 (69/70 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xuíz |
Lingua | Lingua castelá, lingua galega e lingua catalá |
Orencio Pérez González, nado en Trabazos (Castro Caldelas) en 1928 e finado en Vigo o 20 de setembro de 1998, foi un xuíz galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela opositou e obtivo a praza de secretario de xulgado. Despois de traballar en Vigo, conseguiu entrar como xuíz na década dos oitenta e foi destinado a Mataró, onde aprendeu catalán e ditou sentenzas nesa lingua. A principios da década dos noventa, foi destinado a Vigo, onde foi un dos pioneiros do emprego do galego nos xulgados desa cidade. Foi un dos fundadores da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
Ten unha praza dedicada en Vigo e un monumento en Castro Caldelas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Orencio Pérez González, A vocación galeguista dun xuíz, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, ed. Pio García Edicións, 70 px.
- Arrequecer a endeita, Antoloxía de tres homes do dereito, Fundación Lois Peña Novo, 2007, 154 px.