Orbital Reentry Experiment

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orbital Reentry Experiment / OREX / Ryusei
TipoTecnolóxico
OrganizaciónNASDA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento3 de febreiro de 1994, 22:20 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorH-II[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[2][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[2][6]
Decaemento4 de febreiro de 1994[1]
NSSDC ID1994-007A
Masa865 kg[5]

OREX (acrónimo de Orbital Reentry Experiment), bautizado despois do lanzamento como Ryusei, foi unha cápsula de reentrada da antiga NASDA (despois integrada na axencia espacial xaponesa JAXA) lanzada o 3 de febreiro de 1994 mediante un foguete H-II desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de OREX enmarcouse na investigación levada a cabo para o avión espacial xaponés HOPE. OREX era unha cápsula deseñada para recoller datos durante a reentrada, en contornos que non poden reproducirse en experimentos en terra. OREX foi lanzado por un foguete H-II e reentrou tan só unha órbita despois, retransmitindo os datos recollidos tras a reentrada, durante a caída, para finalmente amarar no océano Pacífico.[1][2][5][6]

Algúns dos campos que estudou OREX foron os seguintes:[5]

  • Quecemento aerodinámico durante a reentrada.
  • Resistencia estrutural á calor durante a reentrada.
  • Perda de comunicacións durante a reentrada.
  • Navegación GPS en órbita e durante a reentrada.

OREX tiña forma de cono coa punta roma, co frontal recuberto de carbono-carbono para soportar as temperaturas da reentrada e o resto cuberto con baldosas cerámicas.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "OREX" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (26 de agosto de 2014). "Ryusei" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  3. "Note verbale dated 4 May 1994 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-24135). 31 de maio de 1994: 3. Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  4. Claude Lafleur (2010). "OREX / Ryusei" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "OREX (Ryusei)" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "OREX" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015.