Open-Sankoré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Open-Sankoré é un programa para Encerados Dixitais Interactivos (PDI) libre e gratuíto compatíbel con calquera proxector e lapis óptico.

Historia[editar | editar a fonte]

Open-Sankoré baséase no programa Uniboard, desenvolvido inicialmente na Universidade de Lausana, Suíza. Empezouse a desenvolver en 2003 e a usar por parte dos profesores da universidade en outubro dese mesmo ano. O proxecto sufriu unha escisión, e foi vendido máis tarde ao Grupo de Interese Público de Educación Dixital en África (ENA GIP), do que forman parte varios ministerios e empresas privadas e públicas, co obxectivo de convertelo nun proxecto libre e liberalo baixo licenza GNU Lesser General Public License (LGPL)[1].

Innovacións[editar | editar a fonte]

Ademais de ser o primeiro software libre para encerado dixital completamente operativo, Open-Sankoré trae dúas importantes innovacións:

  • En primeiro lugar, o formato de arquivos non é específico, senón que se basea na estándar web W3C, o que permite que calquera navegador moderno poida lelos. Deste xeito, os materiais creados poden distribuírse por Internet sen necesidade de instalar o programa ou unha extensión.
  • En segundo lugar, o programa pode ampliarse con aplicacións escritas tamén seguindo o estándar W3C para widgets, o que permite aos desenvolvedores centrarse na funcionalidade de Open-Sankoré, e deixar que a comunidade de usuarios desenvolva os applets que realmente necesitan.

Impacto[editar | editar a fonte]

O goberno francés creou unha Delegación Interministerial para a Educación Dixital en África (DIENA) e un Grupo de Interese Público de Educación Dixital en África (ENA GIP) para poñer en funcioanmento durante varios anos un programa de fomento da educación dixital en varios países africanos. Open-Sankoré é unha das estratexias deste grupo para lograr un dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio referidos á educación en África, unha iniciativa das Nacións Unidas[2].

Versións[editar | editar a fonte]

Open-Sankoré v 1.4 foi liberada a principios de xullo de 2012, solucionando varios problemas (bugs) e mellorando o comportamento respecto da versión 1.3, pero incluíndo tamén moitas características novas como: ferramentas de Interactividade para crear exercicios, motores de procura on-line integrados que permiten a procura de imaxes, vídeos e sons en Google e en Planète-Sankore directamente sen saír da aplicación, importar distintos formatos e un novo motor de manexo de textos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "History". Open-Sankoré. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2012. Consultado o 26 de abril de 2012. 
  2. "How did the program come about?". Sankoré. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]