Onésimo, bispo de Bizancio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I Colosas, Turquía |
Morte | 68 Roma, Italia |
Causa da morte | lapidación |
Patriarca de Constantinopla | |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 15 de febreiro |
Descrito pola fonte | New Encyclopedic Dictionary (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo |
Onésimo, finado cara ao 90 ou 95, tamén chamado Onésimo de Bizancio e O Sagrado Apóstolo Onésimo nalgunhas igrexas ortodoxas, foi un mártir do cristianismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un servente de Filemón, personaxe importante e influente de Colosas de Frixia, convertido ao cristianismo por Paulo de Tarso. Onésimo cando fuxía da xustiza, por lle ter roubado ao seu amo; atopouse con Paulo, quen se achaba entón prisioneiro en Roma. O Apóstolo converteuno ao Cristianismo, bautizouno e enviouno á casa de Filemón cunha carta de recomendación, que dicía o seguinte:
Suplícoche en favor do meu fillo Onésimo, ao que xerei na prisión. Antes, el non te prestou ningunha utilidade, pero agora serache moi útil, como o é para min. Envíocho coma se fose eu mesmo. Con gusto reteríao á miña beira, para que me servise no teu nome mentres estou prisioneiro a causa do Evanxeo. Pero non quixen realizar nada sen o teu consentimento, para que o beneficio que me fas non sexa forzado, senón voluntario. Talvez, el apartouse de ti por un instante, a fin de que o recuperes para sempre, non xa como un escravo, senón como algo moito mellor, como un irmán querido. Se é tan querido para min, canto máis serao para ti, que estás unido a el por lazos humanos e no Señor. Carta A Filemón
Segundo parece, Filemón perdoou e concedeulle a liberdade a Onésimo por se ter arrepentido, e mandouno a reunirse de novo con Paulo. Segundo conta Xerome de Estridón, Onésimo volveuse un predicador cristián e logo chegou a bispo de Éfeso por orde do Apóstolo Paulo. Posteriormente, Onésimo foi apresado e levado a Roma, onde morreu lapidado.
Venerado como Santo, a súa festa é o 15 de febreiro na Igrexa Católica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Onésimo na páxina web do Patriarcado Ecuménico Arquivado 15 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. (en grego).
Predecesor: Estacio |
Bispo de Bizancio 54 - 68 |
Sucesor: Policarpo I |