One contra Olesen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

One contra Olesen foi un caso xudicial que chegou ao Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América e que foi sentenciado o 13 de xaneiro de 1958,[1] e que supuxo un fito para o recoñecemento da homosexualidade nos Estados Unidos.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

One, asociada á Mattachine Society, publicaba a revista "ONE: The Homosexual Magazine" desde 1953. Logo dunha campaña de acoso por parte de Correos e o FBI, o xefe de correos dos Ánxeles declarou o número de outubro de 1954 da revista obsceno e xa que logo segundo a lei Comstock era ilegal enviala polo correo.[2]

A revista demandou nos tribunais á oficina postal, a primeira sentenza, ditada en marzo de 1956, dáballe a razón a Correos, como tamén fixo o tribunal de apelación en febreiro de 1957. Pero para sorpresa xeral, o Tribunal Supremo non só aceptou a apelación senón que con base na recente sentenza do caso Roth contra os Estados Unidos, que sentaba xurisprudencia, o tribunal nunha decisión per curiam, revogou a decisión do tribunal de apelación sen mesmo esperar pola vista oral.[2]. Foi a primeira vez que o Tribunal Supremo explicitamente garantía a liberdade de prensa en relación á homosexualidade.[2], aínda que por ser unha sentenza moi curta, houbo incerteza sobre o grao real desa garantía [3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ONE, INCORPORATED, v. OLESEN". findlaw.com (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Murdoch, Joyce; Price, Deb (8 May 2002). "ONE Standard of Justice". Courting justice: gay men and lesbians v. the Supreme Court. Basic Books. pp. 27–50. ISBN 978-0-465-01514-6. Consultado o 9 October 2011. 
  3. Laura Castañeda News And Sexuality: Media Portraits of Diversity. SAGE (2006), p. 82

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]