Omsk Arena
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Omsk Arena Омск-Арена | |
---|---|
Datos | |
Localización | Omsk, Rusia |
Construción | |
Inauguración | 31 de agosto de 2007 |
Estadio | |
Capacidade | 10.318 espectadores |
Localía | Avangard Omsk (KHL) Omskie Yastreby (MHL) |
Eventos | |
|
O Omsk Arena (en ruso Омск-Арена) é un pavillón deportivo da cidade de Omsk (Rusia). Foi inaugurado no 2007, remprazando ao Blinov Sports and Concerts Complex para os partidos como local do equipo de hóckey sobre xeo do Avangard Omsk, que actualmente compite na Kontinental Hockey League (KHL). Ten capacidade para 10.318 espectadores e foi inaugurado en 31 de agosto de 2007.
Construción e inauguración[editar | editar a fonte]
Logo de que a construción do pavillón fora designada á compañía austriaca AMR, a construción comezou o 16 de marzo de 2004. O 31 de agosto de 2007 xogouse o primeiro partido de hóckey sobre xeo como parte das Super Series de 2007, unha competición júnior entre Rusia e Canadá.
O propietario orixinal do pavillón foi Roman Abramovich, aínda que en 2012 decidiu donarllo ao Avangard Omsk.
Eventos[editar | editar a fonte]
- Super Series (2007)
- Copa do Mundo de Clubs Júnior (2011–2013)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- O Omsk Arena en hockeyarenas.net (en inglés)