Oleg Atkov
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de maio de 1949 Khvorostyanka |
| Educación | I.M. Sechenov First Moscow State Medical University (en) Crimea State Medical University named after S. I. Georgievsky (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, astronauta |
| Empregador | Russian Medical Postgraduate Academy (en) |
| Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
| Membro de | Academia Europaea (2011–) |
| Tempo no espazo | 236 días, 22 horas e 49 minutos |
| Premios | |
| |
Oleg Iurievich Atkov, nado en Khorostianka, Samara, o 9 de maio de 1949, é un cosmonauta e cardiólogo soviético e ruso retirado que formou parte das misións Soiuz T-10 e Soiuz T-11.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Atkov graduouse no Primeiro Instituto Médico Ivan M. Setshenov de Moscova en 1973 e doutorouse en cargioloxía pola Academia de Ciencias Médicas de Moscova en 1978. Adestrou para ser cosmonauta entre xuño e setembro de 1983, participando nas misións Soiuz T-10 e Soiuz T-11 e pasando un total de 236,95 días no espazo a bordo da estación Saliut 7. Entre 1989 e 1996 foi director adxunto do departamento de ciencias biolóxicas da Universidade Internacional do Espazo en Estrasburgo (Francia). A partir de 1991 foi tamén profesor do Instituo de Cardioloxía Clínica e a partir do 2000 foi especialista en telemedicina para a Comisión Europea.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Mark Wade (2022). "Atkov, Oleg Yuriyevich" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2022.
- 1 2 NASA (ed.). "Part 1 - Soyuz" (PDF) (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oleg Atkov |
