Oldambt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Oldambt.

Oldambt é un concello da provincia de Groninga nos Países Baixos establecido o 1 de xaneiro de 2010 pola unión dos antigos concellos de Reiderland, Scheemda e Winschoten. Situado na fronteira alemá, a súa superficie é de 241 km², a poboación era de 38.768 habitantes en 2012 e a capital é Winschoten.

Lugares[editar | editar a fonte]

En Oldambt localízanse as poboacións de Blauwestad, un novo asentamento formado en 2007, Bad Nieuweschans, Beerta, Drieborg, Finsterwolde, Nieuw-Beerta, Heiligerlee, Midwolda, Nieuw Scheemda, Nieuwolda, Oostwold e Westerlee.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.