Oh Sees

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oh Sees
OrixeSan Francisco (California),
Período1997 - presente
Xénero(s)garage rock, rock psicodélico, rock alternativo, punk rock, rock experimental
Selo(s) discográfico(s)Castle Face, In the Red, Load, Narnack, Rock is Hell, KimoSciotic
MembrosJohn Dwyer
Tim Hellman
Dan Rincon
Paul Quattrone
Antigos membrosRyan Moutinho
Nick Murray
Brigid Dawson
Petey Dammit!
Mike Shoun
Lars Finberg
Jigmae Baer
Patrick Mullins
Na rede
www.theeohsees.com
Facebook: TheeOhSees Twitter: TheeOhSees MySpace: ohsees Bandcamp: ohsees Spotify: 3qYfqdVwX0fil71onLpLkh Last fm: Thee+Oh+Sees Musicbrainz: 194272cc-dcc8-4640-a4a6-66da7d250d5c Songkick: 2321725 Discogs: 1296190 Allmusic: mn0000990384 Deezer: 72314 Genius: Oh-sees Editar o valor em Wikidata

Oh Sees é unha banda estadounidense de rock formada no ano 1997 en San Francisco. A día de hoxe está composta por John Dwyer (voces, guitarra), Tim Hellman (baixo), Dan Rincon (batería) e Paul Quattrone (batería).[1] O son de Oh Sees incorpora un amplo rango de xéneros do rock, como garage rock, rock psicodélico, punk rock, noise rock, art punk e post-punk.

Inicialmente foi unha vía de escape para Dwyer (Coachwhips, Pink and Brown e The Hospitals) para publicar gravacións caseiras experimentais, pero Oh Sees converteríase nunha banda, contando con Brigid Dawson (voces, teclados), Petey Dammit (baixo, guitarra), Mike Shoun (batería) e Lars Finberg (batería, guitarra). A banda comezou a destacar pola súa prolífica discografía, os seus enerxéticos concertos e a súa caprichosa estética visual. A banda cambiou a súa formación e o seu nome varias veces, sendo coñecida anteriormente como Orinoka Crash Suite, OCS, Orange County Sound, The Ohsees, The Oh Sees, Thee Oh Sees e Oh Sees.

A finais do ano 2013 anunciouse que a banda entraría en hiato. Porén, publicaron un novo álbum de estudio en 2014, Drop, e posteriormente Oh Sees xirou como un trío, con baixista de Sic Alps Tim Hellman e o batería de White Fence Nick Murray substituíndo a Dawson, Dammit! e Shoun. No ano 2015 Dawson regresou á banda listo para gravar o seu seguinte álbum, Mutilator Defeated At Last. Tras o seu lanzamento Dwyer e Hellman comezaron a xirar con dous baterías, Ryan Moutinho e Dan Rincon, substituíndo a Murray. Esta formación gravaría os dous seguintes álbums do grupo, A Weird Exits e An Odd Entrances.

Discografía[editar | editar a fonte]

Como OCS[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
1 2003 Tumult
2 2004 Narnack Records
Songs About Death & Dying Vol. 3 2005 Narnack Records
OCS 4: Get Stoved 2005 KimoSciotic Records
Memory of a Cut Off Head 2017 Castle Face Records

Como The Ohsees[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
The Cool Death of Island Raiders 2006 Narnack Records

Como The Oh Sees[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Sucks Blood 2007 Castle Face Records

Como Thee Oh Sees[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
The Master's Bedroom Is Worth Spending a Night In 2008 Tomlab, Castle Face
Help 2009 In The Red Records
Dog Poison 2009 Captured Tracks
Warm Slime 2010 In The Red Records
Castlemania 2011 In The Red Records
Carrion Crawler/The Dream 2011 In The Red Records
Putrifiers II 2012 In The Red Records
Floating Coffin 2013 Castle Face Records
Drop 2014 Castle Face Records
Mutilator Defeated at Last 2015 Castle Face Records
A Weird Exits 2016 Castle Face Records
An Odd Entrances 2016 Castle Face Records

Como Oh Sees[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Orc 2017 Castle Face Records
Smote Reverser 2018 Castle Face Records
Face Stabber 2019 Castle Face Records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Know (ed.). "Thee Oh Sees at the Gothic Theatre (photos, review)". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.