Ofensiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ofensiva
OrixeVigo, provincia de Pontevedra, Galicia
Período2004 - 2007
Xénero(s)hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)Fragment Records, Días de Juventud
MembrosJacobe, Anxo (Gelucho), Contxu, David, Panzas.
Antigos membrosFlyn (2004 - 2006)
Na rede
MySpace dedicado a Ofensiva

Ofensiva foi unha banda de hardcore xurdida na cidade de Vigo.

Características[editar | editar a fonte]

Fundados con músicos provenientes de bandas como Skacha e Kalashnikov[Cómpre referencia], esta banda facía un hardcore agresivo que ben se podía encadrar co que practican as bandas do chamado New York Hardcore (Terror, Hatebreed).

A banda cantaba as súas cancións en galego e escribían os seus textos na ortografía reintegrada do galego. Após teren dado unha gran cantidade de concertos[Cómpre referencia], deciden separarse a finais de 2007.

Un ano antes da súa separación, o seu vocalista, Flyn, abandona a banda. No 2006, tocan na primeira edición do Viveiro Resurrection Fest compartindo escenario con bandas como Sick Of It All ou Devil In Me.

O contido das letras era principalmente social, aínda que centrándose na crítica socio-política.

Discografía[editar | editar a fonte]

  1. A Última Palavra (2006)

Integrantes[editar | editar a fonte]

  • Anxo (Gelucho) (2006-07) - vocalista
  • Jacobe - guitarra
  • Gontxu - baixo
  • David - batería
  • Panzas(2006-07) - guitarra

Ex-Integrantes[editar | editar a fonte]

  • Flyn (2004-06) - vocalista

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]