O regreso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O regreso
Ficha técnica
Título orixinal Coming Home
Director Hal Ashby
Produtor Jerome Hellman
Guión Waldo Salt
Robert C. Jones
Baseado en historia de Nancy Dowd
Intérpretes Jane Fonda
Jon Voight
Bruce Dern
Fotografía Haskell Wexler
Montaxe Don Zimmerman
Distribuidora United Artists
Estrea 15 de febreiro de 1978
Duración 126 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento 3 millóns de dólares
Recadación 36 millóns de dólares[1]

O regreso (en inglés: Coming Home) é un filme estadounidense de 1978 dirixido por Hal Ashby e protagonizado por Jane Fonda, Jon Voight e Bruce Dern. O guión, de Waldo Salt e Robert C. Jones, baséase nunha historia de Nancy Dowd. O filme trata sobre unha muller nova, o seu marido marine e un veterano paralítico da guerra de Vietnam que ela coñece mentres o seu home está embarcado. Fonda e Voight gañaron un Oscar polas súas interpretacións, mentres que Dern e Millford foron tamén candidatos.

Foi emitido na TVG o 10 de abril de 1992.[2]

Ekenco[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

O regreso participou no Festival de Cannes de 1978, onde Voight gañou o premio ao mellor actor.[3]

O filme gañou tres premios Oscar: mellor actor (Jon Voight), mellor actriz (Jane Fonda) e mellor guión orixinal (Waldo Salt, Robert C. Jones e Nancy Dowd).[4] Foi candidato a outros seis Oscar, incluíndo mellor filme e mellor dirección.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Coming Home, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 27 de xaneiro de 2012. 
  2. Programación
  3. "Festival de Cannes: Coming Home". festival-cannes.com. Consultado o 10 de maio de 2009. 
  4. Pallot, James; Monaco, James (xuño de 1995). The Movie Guide. Berkeley Pub. Group. p. 150. ISBN 978-0-399-51914-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Norden, Martin F, The Cinema of Isolation: a history of physical disability in the movies, Rutgers University Press, 1994, 0-8135-2104-1
  • Peary, Danny, Alternative Oscars, Delta, 1993. 0-385-30332-7
  • Wiley, Mason & Bona, Damien, Inside Oscars, Ballantine Books, 1996, 0-345-40053-4