O ente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O ente
Ficha técnica
Título orixinalThe Entity
DirectorSidney J. Furie
ProdutorHarold Schneider
GuiónFrank De Felitta
Baseado enO ente, novela de Frank De Felitta
IntérpretesBarbara Hershey, Ron Silver, David Labiosa, Margaret Blye
MúsicaCharles Bernstein
FotografíaStephen H. Burum
MontaxeFrank J. Urioste
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFlag of the United States.svg 4 de febreiro de 1982
Galicia 11 de novembro de 2001 (TVG)
Duración125 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerrorsuspense
Orzamento9.000.000 $
Recadación13.277.558 $

O ente (en versión orixinal inglesa: The Entity) é un filme de terror estadounidense do ano 1982, dirixida por Sidney J. Furie e protagonizada por Barbara Hershey, quen interpretou a Carla Moran, unha muller californiana que era aterrada por un ente invisíbel.

Estreouse en galego na TVG o 11 de novembro de 2001.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

O filme trata do pesadelo de Carla Moran (Barbara Hershey), unha nai solteira de tres fillos, que é aterrada por unha entidade sobrenatural que a viola e bate nela diversas veces. Ela recibe a axuda de investigadores paranormais que conseguirán capturar ao espírito.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Feitos reais[editar | editar a fonte]

Presuntamente, o filme está baseado na vida de Doris Bither, pseudónimo da verdadeira Carla Moran, quen asegurou que aínda era agredida por un ser invisible, aínda que con menos frecuencia e intensidade que nos primeiros anos, posteriormente á estrea da película. Tras mudarse a Texas coa súa familia despois de ser investigada por un experto equipo de parapsicólogos e científicos, os ataques foron remitindo ata desaparecer completamente ao cabo de catro anos de mudarse. Tras ser diagnosticada de cancro polo Dr. Taff (Sneiderman na película), Doris morreu o 25 de xullo de 2006.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premio Categoría Suxeito Resultado
Premios do Festival do Filme Fantástico de Avoriaz Mellor actriz Barbara Hershey
Gañadora
Premios Saturn Mellor música Charles Bernstein
Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O ente na TVG". Diario Siglo XXI. 15 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2013. 

Véxase máis[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]