O Máximo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Máximo
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Máximo é un suplemento da revista Agália, voceiro da Associaçom Galega da Língua, de carácter reintegracionista. Foi publicado xunto cos números 62, 63 e 64.[1] Máis tarde pasou a ser unha revista independente chamada “O Máximo: Revista de Arte e Cultura”. Esta revista independente comezou a ser publicada no ano 2003 pola Associação Cultural Pulsar e conta con 5 números.

Seccións do suplemento[editar | editar a fonte]

O primeiro número (62), que acompañaba a revista Agália, non tiña seccións, tan só fotografías e documentos escaneados. Non obstante, no número 63 ten 7 seccións: opinión, documentación, A Roleta, sitios, filosofías controversas, “Eros festivo” e unha entrevista. Neste números foi a João Aguiar, realizada por Miguel Rivera. Finalmente, o número 64 só se divide nas 4 primeiras mencionadas anteriormente.

Propósito da súa creación[editar | editar a fonte]

O Máximo creouse cando Carlos Quiroga tomou conta da revista Agália no número 62 e atopou diversos problemas estruturais e de natureza da revista que era necesario mellorar. O máis importante era a demora cronolóxica que a publicación tiña nese momento, con 7 números de carencia. Por esta razón, o consello de AGAL e de redacción foi convocado e a creación de volume duplos foi proposta para a súa publicación cada seis meses.[2]

En canto a natureza intrínseca, propúxose incluír entrevistas, recensións, fotografías e parte creativa na vertente literaria e quitar da revista as seccións de “Documentaçom e Informaçom”, que consistían en escaneados de noticias de periódicos e documentos comentados. En resumo, o propósito da creación foi que as publicacións de Agália se puxesen ao día e, unha vez ocorrido isto, transformar O Máximo en revista independente que incluíse as seccións “Documentación e Información”, xunto con contidos de arte e cultura, como así sucedeu no ano 2003.

Colaboradores[editar | editar a fonte]

  • No primeiro número, Iván Cozinha traballou na parte gráfica e Carlos Quiroga nos contidos, cunha fotografía de Luz Castro Pena para a capa da serie sobre Manhattan acompañada de textos de José Ramom Pichel.
  • No segundo número, Mauro Trastoy na parte gráfica.
  • No terceiro número, Carlos Quiroga na parte gráfica.

Colaboraron tamén Eva Loureiro, Joel R. Gómez, Susana Losada, Carmen Villarino, Márcio R. Coelho Muñiz, Félix Rodal e Carmen Fernández, quen foron o núcleo da posterior revista independente, graficamente composta por Jaime Ares Castro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Administrator. "a revista". www.agalia.net. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-06. 
  2. Cuestionario a Carlos Quiroga