Baltar, Melide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°58′16″N 8°07′54″O / 42.9712088, -8.1315613

Baltar
Igrexa de Baltar, Melide.jpg
Igrexa de Santiago de Baltar.
ConcelloMelide
Poboación56 hab. (2018)
Entidades de poboación6

Santiago de Baltar é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 56 habitantes (29 mulleres e 27 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Nesta parroquia áchase un dos dous reloxos de sol do concello. O outro atópase na parroquia de Folladela[1].
  • Antiga escola de Baltar: Edificio de mampostaría nos perfís no medio dunha carballeira. Foi escenario da serie da TVG, Libro de familia[1].
  • Cruceiro de Santiago de Baltar: Data de 1667 consonte á inscrición no pedestal. A cruz, de sección rectangular, está decorada con cabezas de anxo con ás; no anverso ten a imaxe de Cristo crucificado e no reverso a da Inmaculada coas mans en actitude orante e a lúa ós seus pés. O capitel é cilindrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achaflanados, volutas, querubíns e follas de bordos lobulados. O fuste, de sección circular, ten estrías e boceis, cas imaxes de Santo Andrés e San Xoán. O pedestal, con forma de tronco de pirámide cuadrangular, remata nunha roda moldurada; nas súas catro caras, ademais da inscricción mencionada onde figura a data de construción, aparecen os símbolos da Paixón de Cristo: tenaces, corazón, martelo, palma, sapo, píntega, esponxa, lanza, cruz, coroa, escaleira, tres cravos e caveiras nas arestas[2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Cruceiro de Baltar[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Concello de Melide (ed.). "Concello de Melide: Baltar". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  2. Turgalicia (ed.). "Cruceiro de Santiago de Baltar en Melide, A Coruña - Galicia". Consultado o 27 de marzo de 2015. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Baltar[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Baltar no concello de Melide (A Coruña)

Baltar | Eixe de Lamas | A Fogueirada | O Picho | Piñeiros | O Ribeiro

Parroquias de Melide[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Melide

Abeancos (San Salvador) | Os Ánxeles (Santa María) | Baltar (Santiago) | O Barreiro (San Mamede) | Campos (Santa María) | Castro (San Tomé) | Folladela (San Pedro) | Furelos (San Xoán) | Golán (San Xoán) | Gondollín (San Martiño) | Grobas (Santa María) | O Leboreiro (Santa María) | Maceda (San Pedro) | O Meire (San Pedro) | Melide (San Pedro) | Moldes (San Martiño) | Orois (Santa Cristina) | Pedrouzos (Santa Mariña) | San Cibrao (San Xoán) | San Cosme de Abeancos (San Cosme) | Santa María de Melide (Santa María) | Santalla de Agrón (Santalla) | As Varelas (San Martiño) | Vitiriz (San Vicente) | Xubial (Santiago) | Zas de Rei (San Xiao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]