Saltar ao contido

O Enredo do Abelleiro

 O Enredo do Abelleiro
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: oenredodoabelleiro Instagram: oenredodoabelleiro Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Enredo do Abelleiro, tamén chamado Museo Vivente do Mel, é un museo galego centrado no mel e a apicultura. Fundado[cando?] por Isidro Pardo Varela, está situado na parroquia de Dombodán (Arzúa).

Características

[editar | editar a fonte]

O museo amosa a apicultura tradicional e moderna nun contorno natural e, amais, tanto os produtos que se obteñen das abellas (mel, xelea real, pole, própole, cera) como produtos derivados: caramelos, mel con xelea, xabóns, cremas de mans e faciais, protectores de beizos...

Na súa parte externa está composto por un apiario moderno, un apiario tradicional e un xardín botánico en que se favorece a polinización grazas á presenza de varias especies autóctonas melíferas.

No interior, á vista do público, as salas de extracción, decantación e envasado, xunto co laboratorio, permiten seguir todos os procesos que se realizan na apicultura moderna.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]