O Cuarto Estado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Cuarto Estado

O Cuarto Estado (en italiano: Il quarto stato ) é unha pintura ao óleo sobre tea (293×545 cm) do pintor Giuseppe Pellizza da Volpedo (1868-1907),concluída en 1901 e conservada no Museo do Novecento en Milán.

Descrición[editar | editar a fonte]

O Cuarto Estado describe un grupo de traballadores marchando en protesta nunha praza, presuntamente a Malaspina de Volpedo. A imaxe do desfile non é violenta, se non lenta e segura, para suxerir unha sensación de inevitábel vitoriaː foi intención de Pellizza dar vida a "unha masa popular, de traballadores da terra, que intelixentes, fortes, robustos, unidos, marchan como torrente esmagadora de calquera obstáculos que xorden para atinxir o lugar onde encontrar o equilibrio».[1]

Variado é tamén o significado da pintura, que se destaca do das obras anteriores Embaixadores da fame e Torrente; mentres nestas Pellizza so quixo representar unha manifestaçión de rúa, como acontecera con outras obras contemporáneas (entre as cales La piazza Caricamento de Plinio Nomellini e L'oratore di sciopero de Emilio Longoni), neste caso o autor pretende sinalar a ascensión da clase traballadora, o "cuarto estado", ao lado da clase burguesa.[2][3]

Detalle do Cuarto Estado

En primeiro plano, na fronte da multitude en protesta, están tres figuras, dous homes e unha muller cun neno no colo. A muller, á que Pellizza deu o trazo da súa esposa Teresa, está descalza, e encita cun xesto elocuente con sensación de movemento mostrada nas dobreces do seu vestido. Á dereita da muller segue aquel que é probabelmente o protagonista da escena, un "home de cerca de 35 anos, orgulloso, intelixente, traballador" (como di o propio Pellizza) que, cunha man no peto e a outra suxeitando a chaqueta ao ombro, avanza con desenvoltura, grazas á solidez do cortexo. Á dereita deste vai outro home que avanzar en silencio, pensativo, coa chaqueta caída sobre o ombro esquerdo.[3][4]

A cuarta personaxe contituída polo resto dos manifestantes disponse nun plano frontal: estes últimos dirixen o ollar en direccións distintas, o que suxire que teñen o control pleno da situación. Todos os paisanos teñen xestos moi naturais: algúns levan aos nenos pola man ou ao colo, outros colocan a man sobre os ollos para protexerse do sol e outros simplemente miran de fronte.[3]

As figuras dos paisanos están dispostas horizontalmente, de acordo cos ditames da composición paratáxica: por un lado recorda ao clasicismo do friso, por outro evoca de forma contundente unha situación moi realista, como é unha manifestación. Deste xeito, Pellizza combina "valores referentes á civilización clásica antiga coa consciencia moderna dos dereitos civís"; esta combinación tamén se manifesta nas reminiscencias renacentistas da obra, que se inspira na expresividade das figuras directamente de obras-primas como a Escola de Atenas de Rafael[3] e A Última Cea de Leonardo da Vinci.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pelissero 1977, p. 7.
  2. Catálogo da mostra Arte e socialità in Italia dal realismo al simbolismo 1865-1915 no Palazzo della Permanente, Milán, 1979.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Pasqualone, obra referenciada.
  4. Zimmermann 2006, p. 391
  5. Andrea Senesi (18 agosto de 2011). "Il Quarto Stato torni a Palazzo Marino". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pirovano, Carlo (1991). La pittura italiana. Il Novecento. Milán. 
  • Teresa Fiori (1968). Archivi del Divisionismo. Roma. 
  • Michael F. Zimmermann (2006). Industrialisierung der Phantasie: der Aufbau des modernen Italien und das Mediensystem der Künste, 1875-1900 (en alemán) 127. ISBN 978-3-422-06453-9. ISSN 0170-9186. 
  • Maria Mimita Lamberti. "5". Pellizza da Volpedo e il Quarto Stato III. 
  • Corrado Maltese (1992). Storia dell'arte in Italia. 1785-1943. Turim. 
  • Massimo Onofri (2009). Il suicidio del socialismo: inchiesta su Pellizza da Volpedo. ISBN 88-6036-409-4. 
  • Gabriella Pelissero (1977). Pellizza per il "Quarto Stato". Turim. 
  • Aurora Scotti. «Il linguaggio universale del Quarto Stato». Oltre. Cent'anni di Quarto Stato (70). Voghera: Edizioni Oltrepo 
  • Scotti, Aurora (1976). Il quarto Stato (en italiano). Milán: Gabriele Mazotta Editore. 
  • Scotti, Aurora (1986). Pellizza da Volpedo. Catalogo generale (en italiano). Milán. w

Outros artigos[editar | editar a fonte]