Saltar ao contido

O Carreiro, San Vicente do Grove, O Grove

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Carreiro

Escavación de Adro Vello
ParroquiaSan Vicente do Grove
ConcelloO Grove
Coordenadas42°28′40″N 8°56′00″O / 42.47788889, -8.93340278
Poboación7 hab. (2025)
[ editar datos en Wikidata ]

O Carreiro é un lugar da parroquia de San Vicente do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña unha poboación de 7 habitantes no ano 2025, segundo datos do IGE, 2 mulleres e 5 homes, o que representa un aumento en relación ós anos 2016, cando tiña 4 veciños, e 2010 e 2004, anos nos que tiña un único habitante censado.

Historia e patrimonio

[editar | editar a fonte]

Neste lugar asentábase o antigo núcleo de San Vicente, coa igrexa do mesmo nome, mencionada xa en 1688 e construída á beira da praia do Carreiro sobre unha igrexa visigótica anterior, da que quedan os restos no sitio arqueolóxico de Adro Vello. Un século despois, en 1770, foi trasladada ó interior, probablemente porque a erosión do mar ameazaba a estabilidade da primitiva igrexa.

Cómpre destacar a presenza do principal sitio arqueolóxico do concello, Adro Vello, no que se descubriron unha vila romana, da época da romanización de Galicia, con cubas de salga de peixe, e enterramentos medievais. Tamén existen no lugar, cara o oeste, os restos dun castro que deu lugar ó microtopónimo O Castriño.

Outra mostra da arquitectura industrial histórica neste lugar son os restos de dúas antigas fábricas de salga (do século XIX e primeira metade do XX), hoxe de propiedade particular e non visitables.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de San Vicente do Grove

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Vicente do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra)

A Area | Balea | Balea Marítima | Cacheirás | Os Campos | O Carreiro | Os Carríns | Os Coupríns | A Fonte | A Gandariña | A Granxa | A Igrexa | A Lanzada | Montemar | O Outeiro | Pedras Negras | A Pereiriña | Os Quinteiros | Reboredo | San Vicente do Mar | Temperán | A Torre

Parroquias do Grove

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove

O Grove (San Martiño) | San Vicente do Grove (San Vicente)