Saltar ao contido

O Calvario, Antas, A Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Calvario
ParroquiaAntas
ConcelloA Lama
Coordenadas42°24′26″N 8°25′44″O / 42.4071514, -8.4289392
Poboación23 hab. (2024)
editar datos en Wikidata ]

O Calvario é un lugar da parroquia de Antas, no concello da Lama. Segundo o IGE, en 2024 vivían 23 habitantes (11 homes e 12 mulleres)[1].

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O nome procede da presenza dun calvario no lugar, un conxunto de cruces de pedra presidido por un cruceiro de maior tamaño, obxecto da devoción en vía crucis e novenas. Hoxe só se percorre na procesión da misa grande do 25 de xullo (Santiago Apóstolo), o día do patrón.[2]

Poboación

[editar | editar a fonte]

A sangría demográfica acentuouse neste lugar concreto. No 1999, vivían no Calvario 45 persoas (21 homes e 24 mulleres). Nesta táboa vese a evolución da poboación dende o 1999 ata 2023[1][3]:

1999 2001 2003 2005 2007 2009 2011 2013 2015 2017 2019 2021 2023
45 44 43 39 39 32 30 26 25 23 21 24 22

Non obstante, e como se pode ver na táboa anterior, si que se comeza a observar durante a última década unha tendencia ao estancamento.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Antas

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Antas no concello da Lama (Pontevedra)

Abelaído | Antas | As Barreiras | O Calvario | A Canceleira | A Candeira | Os Carreiros | O Concello | Cornide | Cotiño | A Moa | O Portamedos | A Porteliña | A Puza da Ran | O Puzo | O Ramallal | A Veiga do Valo | A Vila do Cabo

Parroquias da Lama

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Lama

Antas (Santiago) | A Barcia do Seixo (Santa Ana) | Covelo (San Sebastián) | Escuadra (San Lourenzo) | Gaxate (San Pedro) | A Lama (San Salvador) | Seixido (San Bartolomeu) | Verducido (San Martiño) | Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu)

  1. 1,0 1,1 "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-04. 
  2. "A Lama. Os nomes dos lugares", Xosé Carlos Morgade Martínez, 1995
  3. "Nomenclátor. Población por unidad poblacional". INE (en castelán). Consultado o 2025-09-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]