ORS 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ORS-4»)
ORS 4 / ERS 18
TipoTecnolóxico
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento28 de abril de 1967[1][2][3][4]
Foguete portadorTitan IIIC[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónDesenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2]
NSSDC ID1967-040C
Masa9,1 kg[2][6][7]
DimensiónsOctaedro cunha distancia de 29,3 cm entre cada cara triangular.[2]

ORS 4 (Octahedron Research Satellite 4 ou Octahedral Research Satellite 4), tamén denominado ERS 18, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 28 de abril de 1967 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.[2][5][8]

Características[editar | editar a fonte]

ORS 4 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial.[1][2][3][6][7][8]

Os obxectivos principais de ORS 4 eran:[2]

  • obter o espectro do fondo de raios gamma a enerxías entre 0,25 e 6 MeV.
  • monitorizar o fluxo de raios X solares no rango de 1 a 14 ángstroms e enerxías da orde de 25 keV.
  • facer medicións de fondo para un prototipo de detector de raios gamma provenientes de explosións nucleares.
  • medir as partículas cargadas no interior da magnetosfera a enerxías entre 40 e 400 keV para os electróns, entre 0,38 e 25 MeV para os protóns e entre 2,6 e 6 MeV para partículas alfa.

O satélite tiña forma de octaedro cunha distancia de 29,3 cm entre cada beira triangular e estabilizábase mediante xiro a 6 r.p.m. Cada unha das oito facetas triangulares estaba recuberta por 102 células solares que en conxunto producían unha potencia total de 4 vatios. A bordo levaba tres tubos Geiger, un contador de plástico de centeleo, un detector de silicio, un detector de barreira de superficie, un detector de ioduro de sodio blindado e un detector de ioduro de sodio rodeado por plástico de centeleo. A temperatura do satélite regulábase pasivamente e a posición do satélite respecto Sol determinábase mediante un sensor solar a bordo. O satélite deixou de transmitir o 3 de xuño de 1968 polo apagado do transmisor mediante un contador preprogramado. ORS 4 foi inxectado nunha órbita inicial de 111.553 km de apoxeo e 8631 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,9 graos e un período de 2840 minutos.[1][2][3][6][7][8]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

O experimento de detección de raios gamma estaba formado por dous sistemas: o sistema principal (que detectaba radiación gamma no rango entre 0,25 e 6 MeV) consistía nun cristal de ioduro de sodio de 7,62 cm de diámetro e 6,35 cm de longo rodeado por case tódolos lados por un contador de plástico de centeleo de 1 cm de espesor; o sistema secundario usouse como prototipo para determinar a factibilidade do uso dun cristal de ioduro de sodio totalmente blindado para detectar raios gamma retardados provenientes de explosións nucleares no espazo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ERS 18" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 18" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 29 August 1967 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (67-20287). 5 de setembro de 1967: 2. Consultado o 7 de abril de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "ERS 18 / ORS 4" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ORS Mk.3 (ERS)" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 NASA, ed. (26 de xuño de 2003). "ORS 4" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]