MPEG-4 Parte 14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

MPEG-4 Parte 14 ou *.mp4 (non confundir con Reprodutor MP4) é un formato de arquivo (chamado contedor) especificado como parte do estándar internacional MPEG-4 de ISO/IEC. Utilizase para almacenar os formatos audiovisuais especificados por ISO/IEC e o grupo MPEG (Moving Picture Experts Group) ó igual que outros formatos audiovisuais dispoñibles. Utilizase tipicamente para almacenar datos en arquivos para ordenadores, para transmitir fluxos audiovisuais e, probablemente, en moitas outras formas.

A extensión m4a foi popularizada por Apple, quen iniciou o uso da extensión ".m4a" no seu software "iTunes" para distinguir entre arquivos MPEG-4 de son e vídeo (M4A e M4V respectivamente). Actualmente a maioría do software que soporta o estándar MPEG-4 reproduce arquivos coa extensión ".m4a". A maioría dos arquivos ".m4a" dispoñibles foron creados usando o formato AAC, pero outros arquivos en formatos como "Apple Lossless" e ".mp3" poden ser incluídos nun arquivo ".m4a".

Normalmente pódense cambiar, de maneira segura, a extensión dos arquivos de son ".mp4" a ".m4a" e viceversa pero non así a ".mp3" xa que para poder ser reproducidos nun reprodutor de son, este necesariamente ten que ter a capacidade para decodificar o formato que está contido no ficheiro ".mp4" que xeralmente está codificado en MPEG-4 AAC e incompatible coa codificación e decodificación de MPEG-1 Layer 3 para o ".mp3".

MPEG-4 é unha serie de codecs e estándares internacionais de vídeo, son e datos creado especialmente para a web. Está formado por unha serie de algoritmos de compresión que codifica datos, son e vídeo optimizando a súa calidade de almacenamento, codificación e distribución en redes. Coas cámaras de hoxe, integrase, capturase e codificase nunha única acción, o que optimiza a potencialidade do usuario para emitir.

  • .mp4 permite transmitir fluxos sobre internet. Tamén permite transmitir combinacións de fluxos de son, vídeo e texto coordinado de forma consolidada. O punto de partida deste formato foi o formato de arquivo de QuickTime de Apple. Na actualidade *.mp4 veuse enriquecido en formas moi variadas de maneira que xa non se podería afirmar que son o mesmo formato.
  • .mp4 utilizase con frecuencia como alternativa a *.mp3 no iPod e en iTunes. A calidade do codec AAC que se almacena en *.mp4 é maior que a de MPEG-1 Audio Layer 3, pero a súa utilización non é actualmente tan ampla como a de *.mp3.

É posible enviar practicamente calquera tipo de datos dentro de arquivos *.mp4 por medio dos chamados fluxos privados, pero os formatos recomendados, por razóns de compatibilidade son::

Estas son algunhas das extensións utilizadas en arquivos que conteñen datos no formato *.mp4:

  • .mp4: extensión oficial para son, vídeo e contidos avanzados (ver máis abaixo)
  • .m4a: Só para arquivos de son; os arquivos poden ser renomeados como .mp4, se ben non tódolos expertos recomendan isto.
  • .m4p: FairPlay arquivos protexidos
  • .mp4v, .m4v: só vídeo (algunhas veces utilizase para fluxos mpeg-4 de vídeo no especificados na definición do formato)
  • .3gp, .3g2: utilizados pola telefonía móbil 3G, tamén pode almacenar contido non directamente especificados na definición de .mp4 (H.263, AMR, TX3G)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]