Nytt Land

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nytt Land
OrixeFlag of Russia.svg Kalachinsk,
Período2013 - actualidade
Xénero(s)folk nórdico, música ambiente
Membros
Na rede
Musicbrainz: 9fcbbd3c-a8fb-4de1-b22f-481f07a3081f Editar o valor em Wikidata

Nytt Land é unha banda de folk nórdico e ambiental, procedente de Kalachinsk en Siberia, no norte de Rusia.[1] Fundada por Anatolii e Natalia Pahlenko en 2013,[2] a banda publicou sete álbums de estudio.[3]

Estilo e historia[editar | editar a fonte]

Nytt Land formouse en 2013 e publicou catro discos de forma independente antes de unirse ao selo británico Cold Spring Records, co que publicaron en 2017 o disco Fimbulvinter e en 2018 Oðal.[4] Acompañaron a Wardruna na súa xira rusa,[5] e tocaron en festivais viquingos, folk e metal de toda Europa.[6]

O estilo da banda ten sido comparado co de Wardruna e Danheim,[1] co engadido do canto difónico e os instrumentos tradicionais feitos a man como o kantele e a talharpa.[7] A banda afirmou que se inspiran nos sons da natureza siberiana,[1] e os seus discos incluíron gravacións en vivo de grallos de corvos e outros sons do bosque.[2] Tematicamente, a súa obra faise eco de moitas historias da mitoloxía nórdica e de textos históricos como a Edda poética.[2] De acordo con esta tradición, gran parte das letras de Nytt Land están escritas e cantadas en lingua nórdica antiga.[8]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 2015: Hávamál (Álbum, CD, Crush The Desert)
  • 2016: Sköpun (Álbum, CD, Sulphur Flowers)
  • 2016: The Last War (EP, CD, Kszenca Records)
  • 2017: Fimbulwinter (Álbum, CD, Cold Spring Records)
  • 2018: Oðal (Álbum, CD, Cold Spring Records)
  • 2020: Cvlt (Álbum, CD/LP, Infinite Fog Productions)
  • 2021: Ritual (Álbum, CD/LP, Napalm Records)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Nytt Land". concreteweb.be (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "‘OUR MAIN SOURCES OF INSPIRATION ARE THE SIBERIAN NATURE’". peek-a-boo-magazine.be (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  3. "Discografía de Nytt Land" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  4. "NYTT LAND - 'Odal'" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  5. "Nytt Land". coldspring.co.uk (en inglés). 18 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  6. "Myrkur and Nytt Land to play the Jorvik Viking Festival" (en inglés). 30 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  7. "Nytt Land – Odal" (en alemán). 30 de xullo de 2018. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  8. "NYTT LAND - 'Fimbulvinter' CD (CSR234CD)". coldspring.co.uk (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]