Nuno I Aloitiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNuno I Aloitiz
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor em Wikidata
Morte1028 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Conde de Portucale
1015 – 1028
← Aloito NunizIlduara Menendiz → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de León
Reino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIlduara Menendiz
FillosMenendo Nuniz Editar o valor em Wikidata
PaiAloito Nuniz Editar o valor em Wikidata

Nuno I Aloitiz (orixinalmente Nunus Aloitiz[1] ou en portugués Nuno Alvites), documentado por primeira vez en 1017 e falecido en 1028,[2] foi conde de Portucale, era descendente de Vímara Pérez como fillo de Aloito Nuniz e Gontina.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa presenza rexístrase por primeira vez en 1017. En 1025 consta a confirmación de Nuno dunha doazón do rei Afonso V ao irmán de Nuno, Pedro Aloitiz; nese mesmo ano, outro documento di que sucedeu ao seu pai Aloito no goberno do condado. Gobernaba o condado coa súa muller Ilduara Menendiz, filla do conde Menendo II Gundisalviz,[2] ata que foi asasinado en 1028, o mesmo ano en que morreu o rei Afonso V. Despois da súa morte, a súa viúva Ilduara continuou gobernando o condado como rexente co seu fillo menor de idade Menendo.[3] El e a súa esposa están documentados en 1025 como comite Nunus Aloitiz et uxori eius comitissa domna Ilduara.[4]

Familia[editar | editar a fonte]

Coa súa muller Ilduara tivo tres fillos:

Nuno I Aloitiz
Falecemento: 1028


Aristocracia galega
Precedido por
Aloito Nuniz


Conde de Portucale
1015 - 1028
Sucedido  por
Ilduara Menendiz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sáez, Emilio (1947). "Los ascendientes de San Rosendo: notas para el estudio de la monarquía astur-leonesa durante los siglos IX y X". Hispania: revista española de Historia. OCLC 682814356. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mattoso, José (1981). "As famílias condais portucalenses dos séculos X e XI". Editorial Estampa. OCLC 8242615. 
  3. Sánchez Candeira, Alfonso (1999). Castilla y León en el siglo X, estudio del reinado de Fernando I. Real Academia de la Historia. ISBN 978-84-8951241-2. 
  4. Herculano, Alexandre (1868). "Portugaliae Monumenta Historica: Diplomata et chartae". Academia das Ciências de Lisboa. OCLC 504624362. 

Véxase tempo[editar | editar a fonte]