As nosas festas de aló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nuestras fiestas de allá")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As nosas festas de aló
Ficha técnica
Título orixinalNuestras fiestas de allá
DirectorXosé Gil Gil
GuiónJaime Solá (rótulos)
Sonmuda
EstudioGalicia Cinegráfica
EstreaTeatro Ariel de Montevideo: 14 de marzo de 1929
Duración40 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDocumental
Orzamento2500 pesetas

As nosas festas de aló (orixinalmente en castelán: Nuestras fiestas de allá), é un documental sobre as festas galegas no Val Miñor realizado por Xosé Gil no verán de 1928.

Características[editar | editar a fonte]

Xosé Gil

Baixo o encargo da "Unión de Hijos de Morgadanes" de Montevideo, que financiou o filme con 2500 pesetas,[1] Xosé Gil percorreu coa súa cámara as principais festas do Val Miñor (Vincios, Morgadáns, Nigrán, Chaín, Gondomar e Baiona) durante o verán de 1928.[2]

O documental obtido é a peza máis representativa do chamado "cine de correspondencia", no que os filmes eran empregados como postais visuais para uso dos emigrantes galegos na Suramérica. Xose Gil chegou a realizar coa súa produtora Galicia Cinegráfica uns 150 filmes deste estilo.

A película foi estreada no Teatro Ariel de Montevideo o 14 de marzo de 1929. Na década de 1980 unha copia da cinta foi depositada por un socio da Unión de Hijos de Morgadanes na Filmoteca Española, sendo restaurada no 1999 polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nuestras fiestas de allá". culturagalega.gal. Consultado o 2021-07-22. 
  2. "Galicia 100". galicia100.consellodacultura.gal. Consultado o 2021-07-22. 
  3. "AS NOSAS FESTAS DE ALÁ :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2021-07-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]